O convento do Sancti Spiritus de Melide pertenceu á Orde Terceira de San Francisco. En 1372 frei Alonso de Melide pon en marcha na vila unha comunidade relixiosa e hospitalaria para acoller aos romeiros que fan o camiño de Santiago e aos pobres do lugar. Vencellado desde os seus inicios á tradición xacobea –está situado no Camiño Francés-, o cenobio recibiu para a súa fundación a doazón de varias propiedades do notario de Melide, Fernán Lopez, e da súa dona, Aldara González. A doazón tamén debía destinarse á construción dun hospital para pobres e peregrinos ás portas do convento. Ao longo da súa historia, o cenobio recibiu numerosos donativos dos señores da comarca, coma os condes de Trastámara ou os de Monterrei. Así, Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro conde de Monterrei, mandou reconstruír en 1498 a igrexa coa pedra do castelo de Melide en memoria da súa proxenitora, Inés de Castro. Trala Desamortización do século XIX os frades abandonan o convento e en 1842 a igrexa pasou a ser parroquial coa advocación de San Pedro.
Historia arquivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condicións de acceso
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia