Xulgado Municipal de Viveiro

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.27028.AHPLU/1.1.4.1.XMVi.

Título

  • Xulgado Municipal de Viveiro

Data de creación

  • 1876 / 1945 (predomina 1921 / 1945)

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 9 Unidade(s) de instalación
  • 1,3 m.

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • Os documentos xerados por este organismo xudicial custodiábanse tanto na sede dos xulgados como nunha dependencia municipal, a antiga comisaría de policía, onde se atopaban nunhas condicións pouco óptimas para a súa conservación. Debido a isto transferíronse no ano 2014 ao Arquivo Xudicial Territorial de Lugo.

Alcance e contido

  • O período temporal deste fondo abarca principalmente a primeira metade do s. XX. Predominan os Expedientes de asuntos civís e os Actos de conciliación. A documentación xerada por este organismo xudicial orixina unha importante fonte de información para a investigación histórica en diferentes ámbitos como a emigración ou a vida cotiá de Viveiro. Así mesmo, os procedementos civís poden servir de proba de dereitos, por exemplo, nos asuntos relacionados coa propiedade da terra.

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • A documentación é de acceso libre, segundo o artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español (supera o límite de 50 anos desde a data do documento que determina a lexislación para a súa consulta pública) e o artigo 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia.

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Os prezos están suxeitos ao Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. A prestación do servizo quedará condicionada ao estado de conservación dos fondos.
Lingua:
  • Spanish; Castilian

Documentación relacionada

Unidades de descrición relacionadas

  • Unidades de descrición relacionadas: No Arquivo Histórico Provincial de Lugo pódense atopar documentos relacionados no fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Viveiro, como poden ser as apelacións das resolucións pronunciadas por este Xulgado Municipal. Igualmente poderá atoparse documentación no organismo que lle sucede nas súas funcións, o Xulgado Comarcal de Viveiro, que se atopa depositado tanto no Arquivo Histórico Provincial de Lugo como no arquivo dos Xulgados de Viveiro.