Juan Mayor Rivas, falecido en 1893, foi axente de aduanas na Coruña. Despois da súa morte a súa viúva mantiña unha casa consignataria de barcos baixo a razón social "Viuda de Juan Mayor".
Otro membro da familia foi Luis Mayor Rivas ou Luis Mayor Moreno, posiblemente fillo do anterior. Foi profesor e catedrático da Escola de Comercio da Coruña e profesor da Escola de Náutica da Coruña. Pertenceu á Mutua Mercantil da Coruña e á Asociación Xeográfica da mesma vila. Foi, tamén, vicecónsul e, logo, cónsul de Bélxica. Pertenceu á Cámara de Comercio da Coruña e formou parte da súa administración nos anos 1940.
Esta institución, en marzo de 1969, cando Luis Mayor tiña 90 anos, concedeulle a súa Medalla de Ouro.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
Neste fondo consérvase un pequeno volume de documentos pertencentes á familia.
Primeiramente temos correspondencia de Juan e Luis Mayor Rivas, consistenten en cartas, oficios e invitacións. Logo temos recibos soltos, varios de comidas en restaurantes, e o recibo dunha participación de lotería. Hai tamén o manuscrito dun poema asinado por Luis, e unha listaxe de cruceiros que recalaban na Coruña.
Finalmente, e o que é o grupo máis grande de documentación, hai unha serie de impresos, con programas de exposicións, espectáculos (a maioría no Teatro Rosalía de Castro), tarifas, invitacións e anuncios publicitarios.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español, o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia