A orixe deste linaxe está en Sigras e teñen como armas dous leóns de ouro enfrontados en campo de azur. No xefe unha flor de Lis en prata entre estrelas de prata e dúas delas en punta.
Domingo Antonio Loriga Reguera (O Grove 1783- A Coruña 1855). Tenente Coronel de Infanteria, grao que acadou na Guerra da Independencia, foi apresado en 1812 por un barco corsario quedando prisioneiro ata o final da guerra. En 1822 é Xefe Superior Politico das provincias galegas quedando no cargo ata o ano 1826 en que pasa á fabrica de municións de Sargadelos. Dirixiu tamén a de fusiles de Oviedo e en 1933 ascende a Coronel e volve a A Coruña como director da Maestranza. Poco despois é nomeado Subdelegado de Fomento e Gobernador Civil da Coruña, Brigadier de Artilleria en 1842 e Mariscal de Campo en 1846. Representou dúas veces en Cortes á Coruña e foi elexido en 1850 Presidente da Academia de Belas Artes da Coruña. Casado con Rosa Taboada tiveron sete fillos: Santiago, Eliseo, Francisco, Josefa, Joaquín, Juana, Jacoba.
Juan Loriga Herrera-Dávila (2/8/1853-8/3/1929) é neto de Antonio Loriga, fillo de Francisco e Dolores Herrero-Dávila, a súa primeira muller e primeiro Conde do Grove. Consegue o grao de Capitán de Artillería no ano 1872 pola súa actuación na batalla do Arsenal de Ferrol. Separado temporalmente do servizo pola disolución do corpo de artillería volveu a el en 1873, cando se reorganizou. Loitou contra os carlistas en numerosas batallas no País Vasco polo que acadou a cruz vermella ao Mérito Militar. No ano de 1876 foi destinado á Academia de Artillería como profesor; por estes servizos alcanza o grao de comandante e maila cruz branca ao Mérito Militar e como recompensa polo seu "Tratado de balística de las armas rayadas" o grao de Tenente Coronel. En 1894 é nomeado profesor de Alfonso XIII cargo que ocupa ata 1897 en que é destinado a Filipinas de onde volve no 98 para seguir co profesorado do rei que ao chegar á maioria de edade nomeao axudante, secretario e concédelle o título de Conde do Grove.
Juan Jacobo Durán Loriga (1854-1911) fillo de Josefa Loriga e Ricardo Durán ingresa na Academia Militar de Artillería pero cando tiña o grao de comandante tivo, por motivos de saúde, que abandoar o exercito e organizou e dirixiu na Coruña unha escola preparatoria para o ingreso no exercito. Dedicado ao ensino publicou numerosas obras sobre Álxebra e Xeometría e colaborou en numerosas publicacións científicas. Foi nomeado académico numerario da Real Academia Galega aínda que morreu antes de ler o discurso de ingreso.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
Correspondencia e documentación biográfica de varios membros da familia desde o século XVI ata o XX. Tamén hai un pequeno conxunto de documentación patrimonial arredor das rendas percibidas pola familia nos concellos da Coruña, Sada, Cambre e Teo.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do patrimonio histórico español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia