Xulgado Municipal de Becerreá

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.27028.AHPLU/1.1.4.1.XMBe.

Título

  • Xulgado Municipal de Becerreá

Data de creación

  • 1875 / 1972

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 11 Unidade(s) de instalación

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • Os xulgados municipais exercen a administración de xustiza no ámbito local; este organismo ten o seu precedente máis inmediato na figura dos xuíces de paz, creados a partir do Real Decreto do 22 de outubro de 1855, que establecía en todos os concellos este cargo de carácter obrigatorio por dous anos e gratuíto cunhas funcións sobre todo conciliadoras, ademáis de exercer primeiras dilixencias en determinados asuntos como os procesos de abintestato ou coñecer os xuízos verbais de menor contía.

Historia arquivística

  • A documentación producida por este organismo xudicial conservábase no local destinado a arquivo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá. No ano 2014 a documentación de conservación permanente transferiuse ao Arquivo Xudicial Territorial de Lugo.

Alcance e contido

  • O fondo abarca un período temporal desde finais do s. XIX ata a segunda metade do século XX. Predominan os Expedientes de asuntos civís. A documentación xerada por este organismo xudicial orixina unha importante fonte de información para a investigación histórica en diferentes ámbitos como a emigración ou a vida cotiá de Becerreá. Así mesmo, os procedementos civís poden servir de proba de dereitos, por exemplo, nos asuntos relacionados coa propiedade da terra.

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • Esta documentación contén datos de carácter persoal e procesual, polo que só se poderá consultar co consentimento dos afectados ou cando supere o prazo que determina a lexislación, é dicir, 25 anos desde a morte da persoa afectada, ou 50 anos a partir da data dos documentos (art. 57.1.c. da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español).

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Os prezos están suxeitos ao Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. A prestación do servizo quedará condicionada ao estado de conservación dos fondos.
Lingua:
  • Spanish; Castilian

Documentación relacionada

Unidades de descrición relacionadas

  • Unidades de descrición relacionadas: No Arquivo Histórico Provincial de Lugo pódense atopar documentos relacionados no fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá, como poden ser as apelacións das resolucións pronunciadas por este Xulgado Municipal. A documentación do organismo que lle sucede nas súas funcións, o Xulgado Comarcal de Becerreá, conservarase no local de arquivo dos Xulgados de Becerreá.