Pola Real Orde do 6 de xuño de 1839 concédese a construción dun Lazareto sucio nas Illas de San Simón. As obras encargáronselle ó enxeñeiro Alejo Andrade Eáñez e leváronse a cabo grazas ó industrial afincado en Vigo Norberto Velázquez Moreno. Na illa de San Simón construíronse o porto, o hospital de convalecencia, a casa de administración e apartamentos para o alcaide, médico, cirurxián, capelán, e a capela na illa de San Antón realizouse o peirao, o tingado, o hospital sucio e o cemiterio. Ambas illas quedaban comunicadas por unha ponte. As obras remataron en maio de 1842, aprobándose a súa apertura, por Real orde, o 1 de xuño e comezando a funcionar o 15 de agosto.
No ano 1854, unha vez que queda satisfeito dos seus investimentos e gastos o contratista Norberto Velázquez, pasou a mans do Estado, permanecendo en funcionamento ata o 23 de maio de 1927. A partir deste ano Sanidade marítima pasaría a depender da "Xunta de Sanidade Exterior" do Porto de Vigo.
Historia arquivística
Pola acta de sesión do 27 de abril de 1977, a Delegación de Facenda de Vigo transfírelle ó Arquivo a documentación do Lazareto depositada na aduana de Vigo.
O 27 de xaneiro de 1982 recíbese a documentación do Lazareto de San Simón existente na illa.
Alcance e contido
Expedientes de buques; rexistros de buques; rexistros de saídas do persoal; misais.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Moi malo
Descrición do estado de conservación:
Documentación en moi mal estado.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
A documentación posterior a 1927 pertence a Sanidade Exterior de Vigo.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia