Tribunal Especial de Foros de Sarria

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.27028.AHPLU/1.1.5.4.TEFSa.

Título

  • Tribunal Especial de Foros de Sarria

Data de creación

  • 1927 / 1945

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 2 Caixa(s)
  • 0,3 m.

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • A documentación deste fondo xudicial custodiábase nas dependencias do Edificio Xudicial de Sarria. A necesidade de espazo e o interese por conservar a documentación de carácter histórico motivou que se depositase no ano 2014 no Arquivo Xudicial Territorial de Lugo.

Alcance e contido

  • O fondo abarca un reducido período de tempo relativo á primeira metade do século XX. Componse basicamente de xuízos sobre reclamacións do pago de renda e redencións forais. A documentación xerada por este organismo xudicial é unha fonte de información para a investigación da propiedade da terra en Galicia.

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • A documentación é de acceso libre, excepto nos casos nos que non se superou o prazo que determina a lexislación vixente para a súa consulta.

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Os prezos e as normas do servizo de reprodución estarán suxeitos ás disposicións establecidas pola Xunta de Galicia. A prestación do servizo quedará condicionada ao estado de conservación dos fondos.
Lingua:
  • Spanish; Castilian

Documentación relacionada

Unidades de descrición relacionadas

  • Unidades de descrición relacionadas: En primeiro lugar, no Arquivo do Reino de Galicia poderían conservarse recursos de apelación substanciados ante a Audiencia Territorial de Galicia. Ademais, no Arquivo Histórico Provincial de Lugo existe documentación relacionada, no fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria, referente aos xuízos que sobre asuntos forais celebrábanse cando este tribunal especial non estaba constituído. Por último, no arquivo do Edificio Xudicial de Sarria pode existir, tanto documentación do propio tribunal de foros, como expedientes tramitados polo xulgado de primeira instancia sobre xuízos relativos a asuntos forais, unha vez que se suprime este tribunal especial.