O convento de San Domingos de Lugo foi fundado a finais do século XIII por monxes da orde dominica procedentes de Santiago de Compostela. No seu templo, iniciado no ano 1303, soterráronse varios membros da nobreza medieval. No século XIV o ascenso ao episcopado lucense de frei Pedro López de Aguiar, membro da orde de Predicadores, supuxo un impulso ás obras do cenobio, que se alongaron ata o século XVI. Contaba con un vasto patrimonio ao que se uniu o priorado bieto de San Cibrao de Montecubeiro (Castroverde) no ano 1499. En San Domingos houbo un Estudo xeral e varios dos seus freires destacaron no eido cultural, cursando estudos no Colexio de San Gregorio de Valladolid. Trala Desamortización do século XIX, o cenobio foi cedido ás monxas agostiñas, que se instalaron nel no ano 1844.
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
Material en el que se registra la información: Papel