As confrarías son, segundo o Dereito Canónico, asociacións de fieis de organización xerárquica que pretenden o crecemento do culto público. Durante as idades Media e Moderna a práctica relixiosa dos laicos organizábase arredor destas sociedades. O seu momento de maior auxe dase cando mercadores e artesáns se poñen baixo a protección dun santo. A súa finalidade principal foi a de auxilio mutuo. Ocúpanse da asistencia social dos seus membros no sentido máis amplo: crédito, atención de enfermos, honras fúnebres, etc, mentres o Estado non asumiu esta función. Os seus estatutos, constitucións e ordenanzas teñen que aprobalos as autoridades civís, xa que dependían dos concellos, e as eclesiásticas, xa que tiñan finalidade relixiosa. Posúen un patrimonio que provén das cotizacións dos seus membros e da administración das rendas dos seus bens, da que se encarga un mordomo elixido entre os confrades. A confraría de San Miguel de Ourense estaba formada polos traballadores de oficios que empregaban o ferro: carpinteiros, canteiros, escultores, entalladores, pasteleiros, ferreiros, caldeireiros, barbeiros, cerralleiros, picheleiros, etc. A súa sede situábase na catedral de San Martiño de Ourense onde se conserva o seu altar cunha imaxe obra de Castro Seco. Constátase a súa existencia xa en 1437 cando o bispo don Diego da unas ordenanzas sobre o lugar que cada confraría debía ocupar na procesión do día do Corpus. As súas constitucións foron renovadas en 1589.
Non se coñece a procedencia deste fondo.
Descripción de la forma de ingreso: Descoñecida
Material en el que se registra la información: Pergameo