Do matrimonio de Ramón Fernández e de Francisca María Calvet Bello naceron Doroteo, Federico e Teresa Fernández Calvet. O primeiro foi perito mercantil e chegou a ser Presidente do Colexio de Peritos Mercantís da Coruña. Na mesma vila tivo unha escola de esgrima. Federico, emigrou a Montevideo, onde morreu en 1886, despois de traballar como redactor do xornal "La Nación". Fillo ou neto de Doroteo Fernández, foi, Federico Fernández Sar, tamén perito mercantil. Foi profesor na Escola de Comercio e na de Náutica da Coruña. Entre 1914 e 1916 foi redactor-taquígrafo no xornal coruñés de "La Voz de Galicia". Finalmente tamén se inplicou en varias empresas relacionadas coa actividade do porto, no que, ademais, foi Vicepresidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña. Así foi Xerente de ARBUPES S.L. (Armadores de Buques Pesqueros) e secretario do Consello de administración da Compañía Frigorífica SA.
Descoñecida.
Descripción de la forma de ingreso: A documentación chegou á Real Academia Galega de mans de Santiago Ramón López a través de varias compras. A primeira do 17 de xuño de 2004, a segunda do 2 de xullo de 2004 e outra do 11 de outubro de 2004. Finalmente o 10 de febreiro de 2005, Santiago doou o último grupo de documentación que ingresou no arquivo.
A maior parte da documentación foi xerada por Doroteo Fernandez Calvet e por Federico Fernández Sar. Do primeiro conservamos, principalmente, correspondencia entre os anos 1880 e 1900 coa familia do seu irmán, Federico, asentada en Montevideo, e documentación patrimonial. De Federico Fernández, hai correspondencia, notas e informes das actividades profesionais que desempeñou ao longo da súa vida (profesor nas Escolas de Comercio e Náutica da Coruña, xerente de ARBUPES S.L. e secretario do Consello de administración da Compañía Frigorífica SA). Ademais consérvase algunha documentación solta do resto da familia e, finalmente, dúas fotografías de tiradores de esgrima.
Cadro de clasificación: 02.63.1 Persoal 02.63.1 Certificacións persoais 02.63.2 Correspondencia 02.63.2 Patrimonial 02.63.2.1 Xenealoxía e heráldica 02.63.2.1.1 Xenealoxía 02.63.2.2 Xustificantes da propiedade 02.63.2.2.1 Compravendas, cesións, notas, etc. 02.63.2.2.2 Testamentarías 02.63.2.3 Administración da propiedade 02.63.2.3.1 Poderes e contratos 02.63.2.3.2 Recibos e notificacións de pagos 02.63.5 Coleccións 02.63.5.1 Impresos 02.63.6 Arquivos individuais 02.63.6.1 Federico Fernández Sar 02.63.6.1.4 Función privada 02.63.6.1.4.1 Escola de Comercio da Coruña 02.63.6.1.4.2 ARBUPES SL 02.63.6.1.4.3 Compañía Frigorífica SA 02.63.6.1.4.4 Escola de Náutica da Coruña
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Descripción estado de conservación: A documentación está en moi mal estado, co papel quebradizo, ata o punto de que boa parte dela é ilexible por culpa da perda de parte do papel ou polas manchas de humidade.
No existen copias
Forma de ingreso: na descrición dos niveis físicos indícase só a data que lle corresponde á documentación descrita.
Organización e escrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (ARAG) (2008-XII). Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)