Rodrigo Alonso de Alfeirán naceu en Viveiro na primeira metade do s. XVI, foi procurador xeral do concello de Viveiro e, no ano 1603, fundou a capela da Misericordia. O seu fillo, Pedro Posada Alfeirán pasou a Perú onde casou con Jerónima de Neira, herdando toda a fortuna do seu sogro. Casado de novo con María de Somoza Pallares, de regreso a Viveiro, obtuvierón en 1655 facultade de fundar morgado dos seus bens, o centro dos cales sería a casa de La Misericordia, anexa á capela. Herdou o vínculo a súa filla Felipa de Somoza Alfeirán, que casou con Fernando Fajardo e Andrade, señor de San Pantaleón dás Viñas, Silán e Codesido, titulos que heredaria a súa filla Gertrudis Fajardo e Andrade que casou co seu primo Juan Antonio Bermúdez de Castro Gondar e Andrade, fillo do señor de Gondar, quedando así unida ás propiedades da familia Bermúdez de Castro
O fondo foi vendido por un membro da familia a un comerciante de documentos e libros antigos. O comprador introduciu en cartafoles de plástico transparente cada documento desfacendo toda a posible organización inicial. A cada documento adxudicoulle un valor económico, Grazas ao historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, este comerciante púxose en contacto co Arquivo municipal. A partir de aqui o Concello xestionou a súa adquisición. En orixe a documentación estaba organizada en atados cunha numeración dentro de cada un. No caso da casa da Misericordia habia tres atados un con escrituras de compravenda, cesión e permuta; outro coas de arrendamento e foros, e o terceiro con documentación relativa a preitos, recoñecemento, tasación de bens .., cunha portada ,en papel ou en pergameo, que contén o número, a data e un resumo do contido. Respecto da documentación da familia del Río, Bernardo del Río realizara unha primeira organización contorna al ano 1773, con anotacións da súa propia man. En 1849, con José Gaspar Bermúdez de Castro, casado con Aurora del Río Beade, procédese a coser as escrituras agrupandolas, por lugares, en atados e en 1886 reorganízase o arquivo dando unha nova numeración e tentando unificar a de todas as casas ou familias. Para a venda desfíxose toda a organización, descosiendo e mesturando a documentación en moitos casos escritura por escritura e documento por documento, polo que o fondo chego totalmente desorganizado Intentouse recuperar a organización, hasta donde foi posible, seguindo as numeracions dos anos 1849 e 1886.
Descripción de la forma de ingreso: Adquirido a Muruais, rúa san Nicolás. Valor da compra 500.000 pesetas.
1. As escrituras son dos lugares de: san Xiao de Cordido, san Pedro de Cangas, santa Cilla de Valadouro, santo Estevo do Val, Santiago de Fazouro, santa María Madanela de Couboeira, santo André de Masma e do couto de santo Estevo de Silán. 2. Acompaña testemuña sobre executoria de despoxo do lugar de Redondal (Fazouro) 3. Fundación do morgado de Silán e san Pantaleón por Ruy Diaz de Andrade a favor de Juan López de Andrade, en virtude de Real Cedula de lexitimación do 3 de abril de 1520 4. Apeo xeral dos bens da casa de La Misericordia (1874)
1. Casa da Misericordia 1.1. Patrimonio 1.1.1.Titulos de propiedade - Escrituras de compraventa, cesión e permuta de bens 1.1.2. Administración de bens - Escrituras de arrendamentos de propiedades, foros - Escrituras de recoñocemento, medicións de bens, redención de censos - Contas de administración
Unicamente limitada polo estado de conservación dos documentos
Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.
Descripción estado de conservación: Documentación textual manuscrita en papel con algunhas portadas en pergameo
Inventario
Arquivos notariais
No existen copias
Dado o carácter de arquivo familiar e a súa extensión en tempo e espazo supomos que moitos documentos relacionados co fondo están dispersos en moitos arquivos. Hai que destacar entre eles todos os arquivos de protocolos de Galicia (Arquivos Provinciais, Arquivo Notarial da Coruña, Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela). Asi mesmo, tendo en conta as habituais relacións entre estas familias "nobres" é posible que numerosos arquivos privados custodiados por particulares ou institucións públicas teñan documentación relacionada co fondo. É posible tambien a existencia de documentos relacionados no fondo da Real Audiencia, no Arquivo do Reino, nas series vínculos e morgados, veciños, montes...
Ana Rosa González Díez