Nace o 8 de febreiro de 1846 en Astorga (León), onde cursa os seus primeiros estudos; posteriormente trasládase a Oviedo para estudar a carreira de Diplomática na Escola Superior desta cidade, carreira que continúa logo na Escola Superior de Diplomática de Madrid. Inicia a súa actividade como arquiveiro en 1865, no Arquivo do Ministerio da Gobernación. En 1872 chega ao Arquivo Xeral de Galicia, sito na Coruña, desde onde realizará un importantísimo labor non só como arquiveiro, senón tamén como historiador, lingüista e editor de obras en galego e sobre Galicia. Á súa chegada á Coruña coñece a Manuel Murguía, daquela director do Arquivo, e con el traba unha grande amizade persoal e intelectual. O interese de Martínez Salazar pola historia e a cultura galegas lévao a formar parte da Real Academia Galega como académico fundador e posteriormente como presidente, á morte de Murguía. Asemade, é membro da Real Academia de Bellas Artes; secretario da Comisión Provincial de Monumentos da Coruña; presidente da Colonia Astorgano-Maragata da Coruña; membro da Sociedad Económica de Amigos del País, do Ateneo León XIII de Santiago, da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española de la Lengua, entre outras. No seu afán divulgativo funda a Asociación de la Prensa de Coruña, da que foi o primeiro presidente. A cidade, en recoñecemento ao seu labor, nomeouno cronista oficial. Froito do seu labor investigador podemos sinalar, entre outros, os estudos Crónica Troyana, Códice gallego del siglo XIV (A Coruña, 1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de Las Partidas (A Coruña, 1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (A Coruña, 1911), El cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita (A Coruña, 1889), así como numerosos artigos en revistas e xornais. Non podemos esquecer unha das súas facetas máis importantes: a de editor, da que xurdiu a Biblioteca Gallega en 1885, unha colección onde había publicar a obra dos mellores autores galegos do momento. Tamén contribuíu a difundir estas obras a través da revista Galicia. Revista Regional, fundada por el en 1887. Falece na Coruña o 6 de outubro de 1923.
Os fondos ingresaron de xeito provisional o 25 de xaneiro de 1995, en concepto de doazón efectuada por Carlos Martínez-Barbeito y Morás. Aceptouse a doazón a través do Decreto da Xunta de Galicia 293/1995, do 3 de novembro (DOG núm. 219, do 15 de novembro de 1995).
Forma jurídica del ingreso: Doazón
A pesar de que o fondo abarca os anos 1866-1923, a meirande parte da documentación pertence á correspondencia xerada tras a posta en marcha da Biblioteca Gallega, e pola publicación da Crónica Troyana.
Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos.
A documentación viña instalada en 23 carpetas, 14 das cales contiñan correspondencia ordenada por correspondentes. Seguindo o cadro de clasificación de Olga Gallego e respectando a orde interna do fondo, o cadro de clasificación é: 1. Documentación persoal 2. Documentación de función 2.1. Editor da Biblioteca Gallega 2.2. Filólogo 2.3. Arquiveiro no Arquivo do Reino de Galicia 2.4. Comisario da Exposición Regional Gallega de 1909 2.5. Membro da Asociación da Prensa 2.6. Membro da Comisión Provincial de Monumentos da Coruña
Acceso libre en xeral.
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Estado de conservación: Bo
Non existen copias
- Fondo Juan Martínez Morás- Fondo Fernando Martínez Morás- Fondo Carlos Martínez-Barbeito Morás- Fondo Andrés Martínez Salazar da Real Academia Galega- Fondo Familia Martínez-Morás da Real Academia Galega- Fondo Fernando Martínez Morás da Real Academia Galega
- Sistema de organización: Cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga. Manual de archivos familiares. Madrid: ANABAD, 1993; e GARCÍA ASER, Rosario, LAFUENTE URIÉN, Aránzazu. Archivos nobiliarios: Cuadro de clasificación. Sección Nobleza del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Centro de Publicaciones, 2000.
Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez baixo a dirección de Gabriel Quiroga Barro e Mª del Carmen Prieto Ramos.