A parroquia de Santo Estevo de Abellá atópase enclavada no actual concello de Frades, arciprestado de Barbeiros e diócese de Santiago de Compostela. Según del Hoyo tivo por anexo na antigüidade a "San Lorenzo de Sollas", hoxe San Lourenzo de Olas. Tamén cita este autor na freguesía a ermida de "Nuestra Señora de Revejos". A documentación conservada constata o feito de que Olas era anexo desta de Abellá, cando menos desde 1581, deixando de selo en 1877. Abellá figura como parroquia independente ata 1893, ano no que San Salvador de Mesos se convirte no seu anexo. Esta última freguesía dependía con anteriorid ade a esta data de Santa María de Papucín.
No existen copias
-Hoyo, Jerónimo del: "Memorias del Arzobispado de Santiago". Ed. preparada por Ángel Rodríguez González e Benito Varela Jácome. Santiago de Compostela, S. D. Transcrición do manuscrito orixinal de 1607.
Descrición efectuada por Damián Porto Rico baixo a dirección de Marina García Pita, en base aos inventarios do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, modificándoos e completándoos.