Información solicitada por Pascual Díaz Tenrreiro e consortes, veciños do lugar da Fontenova, dos bens raíces que lles ocupóu a Real facenda con motivo da construción da nova muralla de circulación.
1.3 Datas
Data de creación:
1770-02-26 / 1770-02-28. 1770, febreiro, 26 a 1770, febreiro, 28
Data de acumulación:
1770-02-26 / 1770-02-28. 1770, febreiro, 26 a 1770, febreiro, 28
Na súa orixe o Concello foi unha entidade con autonomía propia, pero foi pe rdéndoa fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico. Así pasou da asemblea veciñal ou concello aberto a un cambio radical no goberno municipal coa aparición de órganos alleos ao propio municipio como os delegados rexios: Correxedores, Intendentes, Rexedores. Fronte a este poder foráneo xurdiron os xurados, que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ao ser elixidos polos veciños.
O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixidos entre os membros do Concello ratific ados polas autoridades supramunicipais, ou polos gobernadores político-militares no caso de Ferrol, dada a súa importancia militar e estratéxica. Cando existían asuntos de especial relevancia, como graves desordes públicos ou loita polas lindes o rei enviaba un representante para intentar solucionar estes conflitos: xuÍces especiais, pesquisidores ou correxedores. Os Reis Católicos no seu afán centralizador e unificador, xeralizaron o réxime dos correxedores para todo o reino. As cidades cabeza de partido tiveron a estes funcionarios como presiden tes natos dos concellos e sen a súa presenza non se reunían nin adoptaban acordos.
A partir do século XVIII, dende o motín de Esquilache, a participación popular incrementouse coa creación en cada municipio de catro Deputados do Común, destinados a vixiar os abastos, e un Síndico Personero que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos foron nomeados,con frecuenci a, en poboacións superiores a 2.000 habitantes e a duración do oficio comezou sendo dun ano para, posteriormente, ser bianual.
Na época contemporánea son múltiples os vaivéns na autonomía do Goberno municipal: alcalde e concelleir os pasarán de ser nomeados pola Administración central a ser elixidos polos propios veciños.
Coa democratización dos concellos os órganos de gobernos supramun icipais (autoridade real, señorial, eclesiástica, Rexedores, Correxedores, Xurados, Intenedentes) deixaron de existir persistindo no tempo outros coma os alcaldes, que perderan as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativ a do municipio; a Asemblea do Goberno municipal pasou de ser concello aberto a órgano de poder das élites municipais para volver a ser de novo órgano de representación veciñal coa elección de concelleiros. Xurdirán outros novos como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), Comisións Informativas (desde 1952 e con antecedentes na Lei municipal de 1870), a Comisión de Goberno (1985- ) e a Xunta de Goberno Local dende xaneiro do 2004, e como ente supramunicipal en Ferrol a Mancomunidade de municipios desde 1989.
As funcións deste órganos de goberno son o control da xustiza local, potestade regulamentaria, policía e orde pública, salubridade e hixiene, sanidade, urbanismo, educación, festas, vixiancia e control do comercio e industria locais, abastecemento, facenda municipal e administración do patrimonio.
2.3 Historia arquivística
Os fondos documentais do Concello de Ferrol foron conservados sempre no edificio da Casa Consistorial, alí onde estivo ubicada. O documento máis antigo do Arquivo é do ano 1376.Consérvase un inventario de mediados do século XIX. O descontrol e destrucción de documentación foi continua no século XX, sendo vendida, inclusive, unha parte do Arquivo de Serantes o 16 de abril de 1982. No ano 1989 créase a praza de arquiveiro municipal e no ano 1990 inaugúrase unha nova etapa, cando se inicia a súa organización. Ten en microfilm algunhas series de documentación histórica. No ano 2002 foi aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria de 25 de outubro. Ano a ano introdúcense no Arquivo algunhas melloras pero as instalacións en canto a depósitos documentais son insuficientes para albergar o aumento de volumen documental que produce o crecimento da xestión municipal.
2.4 Forma de ingreso
Descrición da forma de ingreso:
As veces recíbese algún depósito de documentación externa como foi o caso da documentación da Fundación de Amboage. E outras veces, recíbese algunha doazón como foi o Arquivo persoal de Goy de Silva.
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
A Sección de Órganos de Goberno contén información sobre a toma de decisión s relativas á ordenación territorial do seu termo municipal, cooperación cos servizos do Estado, disposicións emanadas da Adminsitración Central, control e fiscalización dos órganos de goberno, xustiza local, educación, cultura, facenda municipal, bens patrimoniais, obras e servizos públicos, medio ambiente, aprobación de regulamentos e ordenanzas.
3.2 Valoración, selección e eliminación
Valoración, selección e eliminación:
A selección de documentos orixinais para a súa conservación ou eliminación no Arquivo realízase por aprobación dos órganos de goberno a proposta da arquiveira e tralos informes pertinentes dos responsables das oficinas productoras e segundo a lexislación vixente.
3.3 Novos ingresos
Novos ingresos ou transferencias:
As transferencias fanse normalizadas a través da Folla de remisión de fondo s que fixa o Regulamento do Arquivo.
3.4 Organización
1.02.ALCALDE
Disposicións
-Autos de goberno
-Bando s
-Decretos
Rexistros
-Libros de Resolución da Alcaldía
-Libros rexistro de entrada e saída de comunicacións de Resolucións
-Libros rexistro de entrada de correspondencia con autoridadse
-Libros rexistro de saída de correspondencia con autoridades
Expedi entes gobernativos
-Expedientes de incautación, ocupación e devolución de bens
-Expedientes de Lotería
-Salvoconductos e pasaportes
-Xuízos por xurados
-Expedientes de prensa e imprensa
-Exspedientes de multas e sancións
Rexistros gobernativos
-Libro rexistro de multas gobernativas
-Libro rexistro de pasaportes
Expedient es xudiciais
-Expedientes
-Correspondencia
-Rexistros xudiciais
-Contas de Penas de Cámara
Expedientes de protocolo
-Boletíns informativos
Correspondencia
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A consulta débese solicitar por escrito no Rexistro Xeral do Concello, segu indo o estabelecido na Ley 30/92, e no Regulamento do Arquivo Municipal
4.2 Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación dos documentos. En aqueles de acceso restrinxido, ademáis de cumprir o requisito antedito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
4.4 Características físicas
Descrición do estado de conservación:
O estado de conservación en xeral é normal. Hai algunhas series que se atopan moi deterioradas.
4.5 Instrumentos de descrición
Instrumentos de descrición:
Inventario
5. Área de documentación asociada
5.1 Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais:
Arquivo do Reino de Galicia
Archivo General de Simancas.
Arquivo de protocolos notariais de A Coruña.
Arquivo Xeral militar de Madrid.
Arquivo Xeral militar de Segovia.
Arquivo Xeral militar de Guadalaja ra.
Arquivo Xeral militar de Avila.
Departamento de arquivo e estudos xeográficos do servizo xeográfico do exército(Madrid).
Arquivo do Museo naval (Madrid)
Arquivo xeral de Marina"Alvaro de Bazán" (Viso del Marqués- Ciudad Real).
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
Existen copias: O Arquivo dispón de copia en microfilm de algunhas series documentais ata 1 900: padróns de habitantes, censos, quintas, rexistro civil, cementerios. ..
5.3 Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
Archivo General de Simancas
Archivo Histórico Nacional
Archivo del Reino de Galicia
Arquivo Diocesano de Mondoñedo
Archivo General de Marina de Viso del Marqués (Ciudad Real)
Archivo Histórico Notarial de Protocolos de A Coruña
Arquivo parroquial de San Julian (Ferrol)
Arquivo Parroquial castrense de San Francisco Ferrol).
Archivo eclesiástico de Marina (Madrid)
Arquivos Militares
....
5.4 Nota de publicacións
Publicacións:
GARCÍA LÓPEZ, María Xesús. Intrumentos de descrición do Arquivo Municipal de Ferrol: o inventario de Montero Aróstegui (1850).Ferrol, Estudios Mindoniense s, 2003.
TRÍPTICO informativo: Arquivo Municipal de Ferrol. 2003
Bibliografía:
ACTAS de las XV Jornadas de archivos municipales organizadas por el Grupo d e Archiveros municipales de Madrid. Madrid, 2004
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Organización da documentación, instalación e descrición realizada por Mª Xe sús García López, Axudante de arquivo
7.2 Regras ou normas
Regras ou normas:
Reglas de catalogación. Madrid, Ministerio de Cultura, 2003
Bonal Zazo, José Luis, Generelo Lanaspa, Juan José, y Travesí de Diego, Carlos. Manual de Descripción Multinivel. Salamanca: Junta de Castilla y León, 2000.
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000