Os fundadores desta familia, orixinarios de Asturias, chegaron a Galicia a principios do século XIX: foron os irmáns Manuel e Francisco López Álvarez, que en 1812 establecían unha empresa comercial de panos e mercadorías de primeira necesidade que acabarían por disolver en 1840. Malia seren donos dunha empresa, logo dan en investir en terras ou a recibilas como pagamento por débedas e empréstitos.
Tamén acumulan terras polos seus matrimonios, como é o caso de Manuel, establecido en Moeche, que casa con Josefa Fernández Buria; e do seu fillo José, que casa con Teresa Leite López, orixinaria de Ares e posuidora dunha copiosa herdanza. A filla destes, Josefa, casa co profesor Juan Manuel Seara Teijeiro e trasládase con el a Ferrol, onde nacen os seus fillos.
En 1944, Isabel Seara López, boa amiga da familia De la Iglesia Pardo, adopta a Isabel, filla de Eugenio Alfredo de la Iglesia y Santos e María de los Milagros Pardo Gil, quen vai herdar todo o seu patrimonio.
Historia arquivística
Documentación producida e acumulada de maneira orgánica polos diferentes membros da familia como resultado da súa actividade. O fondo chegou ao Arquivo do Reino de Galicia o 12 de marzo de 2007, ofertado en doazón por dona Rosa Saurín de la Iglesia e aceptado pola Comunidade Autónoma de Galicia no Decreto 110/2008, do 22 de maio (DOG núm. 107, do 4 de xuño de 2008).
Alcance e contido
Aínda que o fondo abrangue os anos 1761-1959, a meirande parte da documentación pertence aos séculos XIX-XX. Foi producida e acumulada de maneira orgánica polos diferentes membros da familia como resultado da súa actividade. Destaca sobre todo a documentación patrimonial da familia, reflectida nas series Escrituras de compravenda, Expedientes de propiedades, Escrituras de foro ou Expedientes de administración de bens; e algunha documentación pertencente aos distintos membros da familia, con series como Certificados e Escrituras de adopción.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e pasan a gozar por tanto do réxime de protección e acceso que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: - Xulgado de Ferrol - Fondo da Familia Pardo Gil Taboada - Fondo Irmáns de la Iglesia, custodiado no Arquivo da Real Academia Galega.
Notas
Nota xeral
- Sistema de organización: Cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga. Manual de archivos familiares. Madrid: ANABAD, 1993; e GARCÍA ASER, Rosario, LAFUENTE URIÉN, Aránzazu. Archivos nobiliarios: Cuadro de clasificación. Sección Nobleza del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Centro de Publicaciones, 2000.
- Instrumentos de descrición: Base de datos Cumberland Family Tree, para datos xenealóxicos.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia