A xurisdición de Esmelle conta cun alcalde e xustiza ordinaria que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles. Seguindo co proceso reestruturador, o Decreto do 5 de marzo de 1820 suprime os xulgados ordinarios ou de primeira instancia do foro ordinario e conserva unicamente os de cabeza de partido. Desde o momento en que toman posesión os xuíces dos partidos, cesan os corrixidores, alcaldes, meiriños, xuíces e aqueles que viñan administrando xustiza en primeira instancia. De feito, o xuíz de primeira instancia de Ferrol cita os xuíces dos coutos e xurisdicións baixo o seu partido para que cesen nos seus oficios e ordena que os escribáns correspondentes entreguen a documentación.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Ferrol).
2.3 Historia arquivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
A documentación do xulgado de Esmelle chegara ao de Ferrol en varias remesas:
- A primeira que nos consta foi en maio de 1820, cando o escribán de número Fernando Rey y Pardo entrega ao xuíz de primeira instancia de Ferrol os papeis da extinta xurisdición de Esmelle, que soamente conservaba os expedientes inconclusos.
- Outra remesa entraría o 15 de setembro de 1834: o escribán de número de Ferrol, José Jorge de Ocampo, recibe os expedientes e as causas entregadas polo alcalde pedáneo de Esmelle. Cumpríanse así as disposicións do Real decreto do 21 de abril de 1834: que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido todos os procesos e expedientes que tivesen abertos.
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Transferencia
Fonte do ingreso:
Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol
Data de ingreso:
16/11/1982
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Este fondo documental consta de cinco series documentais: Expedientes de partillas, Expedientes de ratificación de escrituras, Expedientes de reconto de bens, Expedientes de solicitude e Preitos. Esta última serie é a máis voluminosa.
Clase de documento:
Textual
3.3 Novos ingresos
Novos ingresos ou transferencias:
Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos.
3.4 Organización
A series documentais descenden directamente do nivel de fondo en orde alfabética
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
4.2 Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Bo
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
Non existen copias
5.3 Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol, Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña, Documentación notarial
5.4 Nota de publicacións
Publicacións:
QUIROGA BARRO, Gabriel: Imaxes da xustiza en Galicia: cartografía e iconografía nos fondos documentais da Real Audiencia de Galicia e Audiencia Territorial da Coruña. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1998.
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos
7.2 Regras ou normas
Regras ou normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
7.3 Data(s) da (s) descrición(s)
Data de creación:
2015/06/23
Data de última modificación:
2017/02/24 08:50:38
Última validación completa:
24/02/2017 08:50:38
Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia