Procuración Xeneral da Orde de San Domingos na Real...

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.15030.ARG/2.4.10.

Título

  • Procuración Xeneral da Orde de San Domingos na Real Audiencia de Galicia

Data de creación

  • 1633 / 1739

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 3 Unidade(s) de instalación

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • Órgano da orde que xestiona os preitos con particulares, nobres, institucións ou outras ordes relixiosas, sobre posesión, rendas ou propiedades. Esta procuración ou axencia conta cun procurador dependente do procurador xeneral da orde, encargado da defensa perante os tribunais de xustiza, auxiliado por un equipo de letrados e procuradores. Normalmente as grandes ordes relixiosas contan cun xuíz protector na Real Audiencia, que no caso de San Bieito e San Bernardo é o propio rexente da Audiencia.

Historia arquivística

  • O fondo chegou mesturado coa documentación dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresou no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.

Alcance e contido

Clase de documento:
  • Textual

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
Titular dos dereitos:
  • Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, consonte o artigo 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico Español, e pasan a gozar do réxime de protección que as ditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Normativa de aplicación: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.

Documentación relacionada

Existencia e localización de copias

  • Existencia de copias: Non existen copias