Isidro Parga Pondal
Químico.
Nace en Laxe o 17 de decembro de 1 900 e morre na Coruña o 4 de maio de1986.
Fillo de José Parga Casal e Matilde Pondal Araoz.
Por parte da nai era descendente da familia Pondal Abente, á que pertence o poeta Eduardo Pondal.
Casou con Avelina Peinador Porrúa (falecida en xaneiro de 1976) o 18 de xuño de 1925, filla de Enrique Peinador Lines.
2.3 Historia arquivística
Isidro Parga Pondal reúne e garda os papeis familiares do fondo.
Os p apeis de Eduardo Pondal foron conservados pola súa familia. Cando xa Isidro Parga Pondal se fixera cargo deles, e foran consultados por Carballo Calero, atopou, en Laxe, un novo conxunto, formado por manuscritos d´Os Eoas e algunhas follas impresas soltas.
Desde os primeiros traballos de Carballo Calero o fondo foi consultado por outros investigadores, especialmente por Amado Ricón, para a súa edición de poesías de Pondal de 1971, e por Manuel Ferreiro, que edita a partir del unha biografía e a correspondencia do poeta (1991) e unha edición da poesía galega completa (1995-2003). Froito do seu labor é unha descrición (que se conserva no expediente de compra do fondo) dos documentos pondalianos do fondo e unha primeira ordenación deles, que é coa que chega á RAG de mans dun dos fillos de Parga Pondal.
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Doazón
Descrición da forma de ingreso:
Jorge Parga Peinador
Data de ingreso:
10/01/2013
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Retrato de estudio. Plano medio curto de Ramón Cabanillas.
Dedicatoria ms. no anverso: "Pra Enrique Peinador, c-o corazón na man, seu devoto, Ramón Cabanillas".
Clase de documento:
Iconográfico
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
02.44.1. Persoal
02.44.1.1. Biográficos
02.44.5. Coleccións
02.44.5.1. Manuscritos literarios
02.44.6. Arquivos individuais
02.44.6.1. Eduardo Pondal
02.44.6.1.1. Persoal
02.44.6.1.1.1. Biográficos
02.44.6.1.1.2. Correspondencia
02.44.6.1.4. Función privada
02.44.6.1.4.1. Produción lírica
02.44.6.1.4.1.1. Manuscritos de poemas soltos
02.44.6.1.4.1. 2. Manuscritos de poemas fragmentarios
02.44.6.1.4.1.3. Manuscritos alógrafos
02.44.6.1.4.1.4. Recortes de prensa e folletos con correccións autógrafas
02.44.6.1.4.2. Os Eoas
02.44.6.1.4.2.1. Papeletas manuscritas con oitavas soltas
02.44.6.1.4.2.2. Manuscrito e galeradas d'Os Eoas
02.44.6.1.4.3. Notas e apuntamentos
02.44.6.1.4.3.1. Notas e apuntamentos en follas soltas.
02.44.6.1.4.3.2. Cadernos de notas
02.44.6.1.5. Coleccións
02.44.6.1.5.1. Impresos
02.44.6.1.5.1.1. Con obra de Pondal
02.44.6.1.5.1.1.1. Follas voandeiras
02.44.6.1.5 .1.1.2. Recortes de prensa
02.44.6.1.5.1.1.3. Libros e folletos
02.44.6.1.5 .1.2. Con traballos sobre Pondal
02.44.6.1.5.1.2.1. Publicacións periódicas
02.44.6.1.5.1.2.2. Recortes de prensa
02.44.6.1.5.1.2.3. Programas de homenaxes a Pondal
02.44.6.1.5.1.3. Colección bibliográfica
02.44.6.1.5.1.3.1. Follas voandeiras
02.44.6.1.5.1.3.2. Libros e folletos
02.44.6.1.5.1.3.3. Publicacións periódicas
02.44.6.2. Cesáreo Pondal Abente
02.44.6.3. Isidro Parga Pondal
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Restos de papel doutro soporte adheridos no reverso.
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
5.3 Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
Fondo José Baldomir: FS-03-92
5.4 Nota de publicacións
Bibliografía:
Os manuscritos literarios foron utilizados nas seguintes edicións da obra poética de Pondal: PONDAL, Eduardo, Novos poemas, ed. Amado Ricón, Vigo, Galaxia, 1971 PONDAL, Eduardo, Poesía galega completa, ed. Manuel Ferreiro, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995-2002, 3 t. PONDAL, Eduardo, Versos iñorados ou esquecidos, ed. Ricardo Carballo Calero, Vigo, Galaxia, 1961 A correspondencia aparece en: FERREIRO, Manuel, Pondal: do dandysmo á loucura, Santiago de Compostela, Laioven to, 1991 VALDÉS HANSEN, Felipe, El Director General de Aduanas José Valdés Díaz (1854-1916): del Ponteceso de los Pondal a la Paz de París, A Coruña , Edicións do Castro, 2005
6. Área de notas
Nota xeral
Nome: aínda que o arquivo é máis ben un grupo documental familiar misceláne o, os investigadores que acceden ao fondo por primeira vez denomínano co nome do seu último produtor, Arquivo Parga Pondal. Mantemos o nome, pois, respectando esta denominación avalada pola tradición e as diferentes publicacións sobre o fondo.
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Identificación dos manuscritos e da correspondencia: Manuel Ferreiro
Primeiro tratamento do fondo: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
Ordena ción das series e descrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (ARAG)
Descrición e catalogación das fotografías: Nélida Cosme (ARAG)
Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Identificación dos manuscritos e da correspondencia: 1994 -
Primeiro tratamento do fondo: 2002. 11 - 2003. 10.
Ordenación das series e descrición do fondo; descrici ón e catalogación das fotografías: 2003. 10 - 2004. 03.