As xerencias territoriais créanse no artigo 13 do Real Decreto 1279/1985, do 24 de xullo, como órganos territoriais periféricos executivos encargados da formación, conservación e revisión dos catastros rústicos e urbanos. Unha orde posterior, do 28 de xullo de 1986, determinou a súa composición e funcionamento. Polo Real decreto 1725/1993, estas xerencias intégranse nas delegacións de Economía e Facenda de cada provincia como unha delegación especial.
Nas provincias onde exista unha Delegación Especial de Economía e Facenda, como é o caso na Coruña, as xerencias teñen carácter rexional (Real decreto 390/1998, do 13 de marzo)
As xerencias rexionais e territoriais dependen da Dirección Xeral do Catastro, que é o centro directivo integrado na Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos do Ministerio de Facenda (Facenda e Función Pública, na data da redacción deste texto – novembro de 2016-), que ten encomendadas as funcións de elaboración, mantemento e xestión do Catastro Inmobiliario Rústico e Urbano.
O Catastro Inmobiliario é un rexistro administrativo no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais. Esta descrición catastral comprende as súas características físicas, económicas e xurídicas, entre as que se atopan a localización e referencia catastral, a superficie, o uso ou destino, a clase de cultivo ou aproveitamento, a calidade das construcións, a representación gráfica, o valor catastral e o titular catastral.
Os documentos recibíronse directamente do seu produtor, a Xerencia Rexional do Catastro.
Alcance e contido
Representacións fotogramétricas aéreas do territorio dos concellos da provincia da Coruña. Realizadas a unha escala aproximada de 1 : 2.500, as fotografías reproducen porcións cuadrangulares de tamaño variable de cada un dos polígonos en que se divide o espazo ocupado por cada concello para os efectos da súa representación.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre
Notas
Nota xeral
Para acceder á totalidade das imaxes, débese premer na icona.
Nota á área de identificación
Volume dos documentos da sección de "Rústica": aproximado. Non se contabilizan numerosas unidades que ingresaron mesturadas cos documentos correspondentes á riqueza rústica.
Nota á área de contido e estrutura
As fotografías numéranse de forma correlativa, con cifras ou con cifras e letras, dentro de cada polígono. Pola súa vez, cada un destes tamén se numera polo mesmo sistema.
Para saber de que parte do territorio é representación a fotografía, hai que consultar previamente os "planos de distribución de fotografías aéreas", tamén denominados "pañoletas".
Sexa por non existir o concello no momento da realización das fotografías, sexa por outras circunstancias, non se conservan representacións fotogramétricas dos seguintes concellos: Cabanas, Cariño, Cerceda, Corcubión, Pontedeume, Sobrado.
Nalgúns destes casos, as imaxes deben buscarse nas correspondentes aos concellos dos que se segregaron (Ortigueira, no caso de Cariño) ou nos limítrofes (Cee, no caso de Corcubión). Noutros, as fotografías substituíronse por exemplares do Mapa Topográfico Nacional (Cabanas e Pontedeume). Noutros, en fin, os concellos actuais son agregacións doutros anteriores, que aquí figuran separados. Así Oza-Cesuras.