Sentenza arbitral dada por Roi García de Canedo, xuíz do couto de Sobrado, e Lope de Mirás, morador na fregresía de San Mamede de Nodar, a petición do Mosteiro de Sobrado dos Monxes e de Pedrares de Bidueiro, veciño desa fregresía, sobre os bens que quedaran ao falecemento de Tereixa Ramos, a súa irmá, muller de Juan Ramos de Codesoso.
Data de creación
1509-01-28. San Xiao de Cumbraos (Sobrado dos Monxes, A Coruña)
Data de acumulación
1509-01-28. San Xiao de Cumbraos (Sobrado dos Monxes, A Coruña)
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
- Dereito de "maniñádego" ou "dos maniños" ("mañería").
- Dereito de pasto e de tala.
Notario: Fernán Crespo, escribán real.
Alúdese a preito anterior entre as mesmas partes ante o "Gobernador e alcaldes mayores que al presente residen en este Reyno de Galiza por su alteza".