Manuel Amor Deus naceu en Ferrol o 16 de febreiro de 1941 nunha familia humilde. Con catorce anos entrou como aprendiz na Empresa Nacional de Bazán, onde comezou o seu compromiso político nos anos sesenta, talvez levado pola duras condicións nas que os traballadores desempeñaban as súas tarefas. A morte dun compañeiro en accidente de traballo foi o que o motivou para unirse á loita contra Franco. Neses anos, participou no primeiro conflito na fábrica e na súa cidade. Seguindo as directrices do Partido Comunista e das ilegais Comisións Obreiras, presentouse como candidato e resultou elixido. A causa dos acontecementos do 10 de marzo onde morren dous traballadores e resultan decenas de feridos, Amor Deus é encausado polo Tribunal de Orden Público e por un consello de guerra, condenándoo a varios anos de prisión. Desaparecido o ditador, as mobilizacións populares lograron a amnistía e Manuel Amor é liberado en 1976, reincorporándose á loita pola liberdade y á transformación do movemento das comisións obreiras nun sindicato. En xuño de 1978 foi elixido como o primeiro Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Despois de abandonar as responsabilidades sindicais reintegrouse ao seu posto de traballo en Bazán, ata que en 1992 foille concedida a invalidez total permanente: foi diagnosticado de asbestose, unha enfermidade contraída polo contacto co asbesto nos estaleiros. Morreu o 26 de xuño de 2007, vítima dun cancro de pulmón.
2.3 Historia arquivística
O fondo documental de Manuel Amor Deus forma parte do Arquivo da Fundación 10 de marzo, no que ingresou por doazón
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Doazón
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Contén datos e informes sobre folgas, paros, manifestacións ou mobilizacións a nivel de Galicia e estatal
Clase de documento:
Textual
3.2 Valoración, selección e eliminación
Valoración, selección e eliminación:
Fondo importante para o coñecemento da actividade sindical e comunista dende os tempos da ditadura franquista ata principios dos anos 90, pasando pola transición política.
3.4 Organización
O fondo organizouse nas seccións seguintes: 1- Sindicato Nacional de CCOO de Galicia 2- Confederación Sindical de CCOO 3- Partido Comunista de España (PCE) 4- Partido Comunista de Galicia (PCG) 5- Outras organizacións políticas 6- Expediente penitenciario de Manuel Amor Deus 7- cadernos persoais de Manuel Amor Deus 8- Publicacións
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentos de libre acceso
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
4.4 Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
7. Área de control da descrición
7.2 Regras ou normas
Regras ou normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febrero 2010.