Dilixencias de incautación

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.1.1.

Título

  • Dilixencias de incautación

Data de creación

  • 1937

Nivel de descrición

  • Serie

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 1 Unidade(s) de instalación
  • 1 Unidade(s) de instalación compartida(s)

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • Os distintos organismos encargados da tramitación das responsabilidades políticas foron transferíndose uns a outros os distintos expedientes unha vez que eran relevados das súas funcións. O último organismo depositario desta documentación foi a Audiencia Provincial de Ourense, onde permaneceron ata maio de 1983, data na que é transferida a este Arquivo Histórico Provincial xunto coa documentación do Tribunal do Contencioso Administrativo.

Alcance e contido

  • Esta serie contén as dilixencias incautatorias instruídas para pescudar e evitar a desaparición de capitais daquelas persoas contrarias ao Movemento Nacional. A serie componse basicamente: do oficio de remisión do xulgado militar especial aos xuíces de instrución dos distintos partidos xudiciais de onde son veciños as persoas investigadas, unha relación cos nomes dos suxeitos e as distintas comunicacións e informes resultantes da investigación.
Clase de documento:
  • Textual

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:

Características físicas

Material no que se rexistra a información:
  • Papel
Descrición do estado de conservación:
  • Parte da documentación está afectada por fungos e presenta degradación dos soportes.

Documentación relacionada

Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:
  • Expedientes penitenciarios
Unidades de descrición relacionadas:

Descritores

Descritores de materia