CONVENTO DE SANTA MARÍA DE CONJO DE SANTIAGO CONTRA...

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.15030.ARG/1.1.1.2.3.1.2.5.//2291-40
Signatura:
  • 2291 40

Título

  • CONVENTO DE SANTA MARÍA DE CONJO DE SANTIAGO CONTRA RODRIGO DO RIAL Y OTROS, SOBRE REIVINDICACIÓN POR EL LUGAR DE RIAL.

Data de creación

  • 1562

Data de acumulación

  • 1333 / 1562

Nivel de descrición

  • Unidade documental

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 1 Expediente(s)

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara ao 1514 exercerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.

Historia arquivística

Alcance e contido

  • Extraídos sete pergamiños:
  • Pedro Bugueirate, da rúa do Preguntoiro, e a súa muller Teresa González venden a María Gansa, monxa en Santa María de Conxo, os bens que posúen nas vilas de Torrente, Morgade, Vila Xane, Rial, unhas herdades en Santa Marta e as leiras de Pumar, Franco e a metade do muíño de Ponte Canido. Data: 1341-[s.m.]-07. Signatura: 51. Colección de documentos en pergamiño.
  • María Domínguez, chamada Fresca, deixa en testamento ao mosteiro de Santa María de Conxo os bens que posúe en Rial e Torrente. Data: 1362-05-19. [Santiago de Compostela]. Signatura: 52. Colección de documentos en pergamiño.
  • María Domínguez fai manda testamentaria pola que nomea albaceas ao seu sobriño Afonso Eanes, monxe de San Paio de Antealtares, e ao seu afillado Gonzalo Miguel, coengo en Santa María de Sar, e ordena o seu enterramento en Santa Susana. Data: 1361-04-18. Signatura: 528. Colección de documentos en pergamiño.
  • O mosteiro de Santa María de Conxo afora a [María Ares] o lugar de Rial. Data: 1473. Signatura: 1116. Colección de documentos en pergamiño.
  • María e Dominga Pérez, irmáns, venden a Pedro Martín, capelán de Santa María de Conxo, no nome do mosteiro, a terceira parte dunha herdade na aldea do Rial na freguesía do mosteiro. Ano 1333. Sig. 50
  • Mayor Pérez de Conxo e o seu marido venden aos irmáns dela as herdades que posúen no Rial e na freguesía de Santa María de Conxo por sesenta soldos de León. 1251, xaneiro, 23. [s.l.]. Sig. 507
  • María de San Juan, moradora en Cornes, vende a Pedro Martínez, capelán de Coiro que actúa en nome de Sancha Pérez, as herdades que ten en Rial, Torrente e a de Santa María de Coiro por once libras pequenas. Ano 1333. Sig. 851

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
  • Spanish; Castilian

Características físicas

Descrición do estado de conservación:
  • Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.

Documentación relacionada

Notas

Nota xeral

Descritores