O Convento de Santa Clara de Pontevedra afora a Rodrigo Afonso de Ardán, escudeiro de Fernán Eanes de Soutomaior, e á súa muller, Violante Valles, o lugar de Carballal, [en San Salvador de Coiro], polas súas vidas e dúas voces máis, en renda de 15 marabedís [da moeda vella].
Data de creación
1427-12-14. O mes consta na petición coa que o procurador presenta o documento como proba diante do Tribunal
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Escribán: Lourenço Eanes, notario público xurado da vila de Pontevedra.
Condicións de acceso
Lingua:
Galician
Escritura:
Gótica cursiva
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Presenta perda de soporte por ataque de roedores nas partes superior e dereita e tinta esvaecida polo desgaste