Escritor e arqueólogo. Nace Eladio Oviedo y Arce en Noia en 1864 e morre na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1918. Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía y Letras e profesor de Historia Eclesiástica e Arqueoloxía no Seminario Conciliar Central de Santiago e finalmente director do Arquivo do Reino de Galicia. Foi o iniciador e principal elemento da "Exposición Arqueológica Gallega" celebrada en Santiago en 1909. Socio numerario e fundador da RAG.
2.3 Historia arquivística
Descoñecida.
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Doazón
Descrición da forma de ingreso:
Oviedo Arce, Visitación
Data de ingreso:
28/05/1918
Número de rexistro:
797
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Plano curto de tres homes suxeitando unha ara romana con inscricións, atopada na San Pedro de Tomeza, concello de Pontevedra. No centro, no primeiro plano, a ara amosando os epígrafes. Detrás dela, tres homes, con pucha e a roupa moi suxa, o da esquerda, un rapaz novo cunha man apoiada na cintura e outro sobre a pedra, cos pantalóns cheos de remendos. O do medio apoia as dúas mans sobre a ara, e só se enxerga a metade superior do seu corpor detrás dela. Á dereita un home de barbas cunha man nun peto. No fondo, un bosque e un camiño feito de lousas, se afasta do lugar da escena. Inscrición no reverso: "Hoy en el Museo de Pontevedra".
Clase de documento:
Iconográfico
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
02.21 Persoal
02.21.1 Biográficos
02.21.2 Correspondencia
02.21.4 Función privada
02.21.4.1 Manuscritos
02.21.4.2 Notas
02.21.5 Coleccións
02.21.5.1 Xornais
02.21.5.2 Impresos
02.21.5.3 Recortes de prensa e de libros
02.21.5.4 Manuscritos alleos
02.21.5.5 Documentos históricos
02.21.5.6 Pergameos
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Bo
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Información adicional da copia:
L-4-36
6. Área de notas
Nota xeral
Contido: en xaneiro de 2011 retírase do fondo e pasa á Colección de manuscritos e orixinais, un debuxo do escudo de Galicia de Enrique e Francisco Santos Gayoso, doado polos autores á RAG na década de 1980. O documento estivo na exposición do centenario da RAG e aparece reproducido no catálogo da exposición: Galicia, a forza da palabra, A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 2006, p. 111.
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)(1999)
Mercedes Fernández-Couto Tella descrición do fondo (2003).
Clasificación das fotografías: Nélida Cosme Abollo (2006).
Descrición das series: Ricardo Axeitos Valiño (2010).
Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella.
7.2 Regras ou normas
Regras ou normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000