Do matrimonio de Juan José Pardo de Lama (1748-1797) e Luísa Bazán de Mendo za (1759-1820) naceu Miguel Pardo Bazán (1784-1839). Miguel, colexial de Fonseca, serviu no exército, dentro do célebre Batallón Literario de Santiago. Despois da guerra retorouse co grado de Tenente Coronel. Despois da morte sen descendenc ia, en 1813, do seu tío paterno, Antonio Pardo Patiño, herdou todos os seus bens, que incluían as rendas de varias Casas, distribuídas polas provincias da Coruña e Pontevedra. O 13 de decembro de 1821 casou na Coruña con Joaquina Mosquera y Ribera (1805-1849) coa que tivo a José Pardo Bazán (1827-1890). Este avogado e político coruñés recibíu o título pontificio de Conde de Pardo Bazán. O 3 de febreiro de 1972, Amadeo de Saboya autoriza o uso do título en España, e a partir deste momento José Pardo firma Conde de Pardo Bazán.
Casou con Amalia Rúa-Figueroa (1830-1915) o 30 de setembro de 1850 e ao ano seguinte teñen á súa única filla, Emilia Pardo Bazán (1851-1921), famosa escritora e intelectual coruñesa.
O 10 de xullo de 1868 Emilia casou con José Quiroga, fillo tamén doutra familia beneficiada por abundantes rendas. Deste matrimonio naceron tres fillos, Jaime (1876-1936), Blanca (1879-1970) e Carmen Quiroga Pardo Bazán (1881-1935).
Blanca casou co militar José Cavalcanti (1871-193 7), marqués de Cavalcanti. Jaime casou con Manuela Esteban-Collantes (1880-1959). Deste último matrimonio naceu Jaime Quiroga Esteban-Collantes (morto en 1936). Despois da morte, primeiro de Carmen e, despois, de Jaime e do seu fillo, Blanca e a viúva do seu irmán quedan como últimas herdeiras de todos os bens de Emilia Pardo Bazán e de José Quiroga.
Blanca morreu en 1970 sen deixar descendenc ia directa co que no seu testamento repartiu as súas propiedades entre familiares e entidades relixiosas e benéficas. Entre as institucións beneficiadas está a Real Academia Galega. Esta xa recibiu, en 1956, a doazón da casa da rúa Tabern as, número 11, na que vivira a escritora Emilia Pardo Bazán das súas propietarias, Blanca Quiroga e Manuel Esteban-Collantes. Ademáis no seu testamento Blanca deixou á Academia diversos mobles e outros efectos, xunto o arquivo familiar que ela custodiaba e os dereitos de autor da súa nai.
2.3 Historia arquivística
O fondo documental provén da casa da rúa Goya, 23, de Madrid, onde o conser vaba o último descendente de Emilia Pardo Bazán, a súa filla Blanca Quiroga, que o legou xunto cos mobles e obxectos familiares que conservaba á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
Cando en 1971 o fondo chega á Coruña, a RAG o 28 de marzo do mesmo ano, designa unha comisión de académicos para examinar os papeis da escritora coruñesa. A comisión estaba formada por Francisco Vales Villamarín, Juan Naya e Benito Varela Jácome. Este último presentou un informe sobre o estado dos documentos e unha primeira actuación sobre o fondo, en decemb ro de 1972, que se limitou a Dividir a documentación nos seguintes 16 "mazos":
"I. Originales novelescos
II. Originales novelescos
III. Poesía y teatro
IV. Conferencias
V. Labor periodística
VI. Crónicas literarias
VII. Críticas sobre literatura española
VIII. Literatura francesa
IX. Literatura francesa.-Literatura rusa, inglesa, italiana ...
X. Feminismo.-Arte.-Isabel II.-Colón y los franciscanos
XI. Originales de distintos trabajos, aún sin intercalar
XII. Mazo de recetas de cocina
XIII. Mazo de recetas de cocina
XIV. Papeles del general Cavalcanti
XV. Album con recortes de prensa y saludas..."
No informe saliéntase a terrible desorde dos papeis. Posteriormente elabor uose un índice da documentación patrimonial.
A partir de 1995 o profesor José Manuel González Herrán dirixe un grupo de profesores, Cristina Patiño Eirín e Ermitas Penas, bolseiros e alumnos de terceiro ciclo do Departamento de Litera tura Española da Universidade de Santiago de Compostela, inseridos en dirferentes proxectos, dedicados ao estudo e ordenación da documentación de Emilia Pardo Bazán. Desde aquí o arquivo agradece a súa colaboración.
En 1999 o persoal do arquivo da RAG comezou a catalogación e organización definitiva do fondo da escritora que concluíu en novembro de 2003.
A documentación fotográfica , asemade, non sufrira ningún tipo de tratamento arquivístico até o de agora. O seu estado era caótico, coma o do resto do fondo.
Finalmente entre xaneiro de 2005 e xullo de 2008 organízase a documentación patrimonial, da que ata o momento só se tiña un inventario moi sumario, co que remata a instalac ión e descrición de todo este arquivo familiar.
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Doazón
Descrición da forma de ingreso:
Quiroga y Pardo Bazán, Blanca
Data de ingreso:
24/02/1971
Número de rexistro:
2226
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Retrato de estudio. Plano medio curto de Amalia de la Rúa. Leva un vestido de cor escura con grandes colos de encaixe da mesma cor, e o pelo recollido detrás da cabeza, nun moño.
Clase de documento:
Iconográfico
3.4 Organización
Cadro de clasificación:
02.40.1. Persoal
02.40.1.1. Fotografías
02.40.1.2. Biblioteca do Pazo de Meirás
02.40.2. Patrimonial
02.40.2.1. Bens dos Pardo Bazán
02.40.2.2. Bens de José Quiroga
02.40.2.3. Bens dos Marqueses de Cavalcanti
02.40.2.4. Contratos, corresp ondencia, certificacións... de difícil colocación
02.40.2.5. Organización do arquiv o
02.40.3. Función pública
02.40.3.1. Actos
02.40.3.2. Retrato s
02.40.4. Función privada
02.40.4.1. Actividades asociativas
02.40.4.2. Actividade profesional
02.40.5. Coleccións
02.40.5.1. Cartofilia
02.40.5.3. Fotografía de monumentos
02.40.5.5. Retratos de famosos
02.40.6. Arquivos individuais
02.40.6.1. Emilia Pardo Bazán
02.40.6.2. José Quiroga y Pérez de Deza
02.40.6.3. Blanca Quiroga Pardo-Bazán
02.40.6.4. José Cavalcanti
02.40.6.5. Jaime Quiroga Pardo-Bazán
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
French
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Amarelada, algo craquelada. Retocada a lapis sobre a emulsión. Apareceu enmarcada. O marco levouno Mercedes.
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Información adicional da copia:
M-6-38
5.3 Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
423
5.4 Nota de publicacións
Bibliografía:
SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel, "Las Torres de Meirás: un sueño de piedra para la quimera de Emilia Pardo Bazán", en Goya: revista de arte, n. 332 (xullo-setembro, 2010), pp. 228-245
Guzmán Guzmán, Mª Aranzazu. La Oratoria de Emilia Pardo Bazán (discursos, conferencias, lecturas públiacas). Tese de doutoramento. UNED,1914.
Acosta, Eva. Emilia Pardo Bazán, la luz en la batalla.Lumen, 2007
6. Área de notas
Nota xeral
Título: Adoptouse esta denominación do fondo en atención a relevancia da fa milia Pardo Bazán e ao costume, pois desde a súa chegada á Academia foi coñecido tanto pola referencia á familia como polo nome da escritora Emilia Pardo Bazán. Se ben a última posuidora foi Blanca Quiroga de quen obxectivamente déberamos tomar o nome do fondo.
Organización:
- As series patrimoniais do fondo familiar foron a última documentación organizada. Deste xeito, o cadro de clasificación e a descrición doi fondo tiveron que ser revisados ao rematar a instalación, organización e descrición desta documentación.
- A document ación fotográfica agrupouse en series facticias debido á súa deslocalización no fondo orixinario. Documentación complementaria noutros arquivos: para a correspondencia sen procedencia, ver Cristinas Patiño (1995).
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000