Pura Vázquez, poetisa, naceu en Ourense, en 1918 onde estudou Primaria, Bacharelato e Maxisterio Comezou escribir e publicar desde moi nova na prensa e nas revistas galegas, desde os primeiros anos do Bacharelato alternou sempre os estudos coa escrita. No ano 1944 publícalle a Deputación de Ourense o seu primeiro libro, en castelán. No ano 1952, sale na Colección Xistral, o libro Íntimas, totalmente escrito en galego. Xa nunca deixará de escribir, excepto unha tempada á morte do seu home, acadando unha extensa obra, na súa maioría en galego.
2.3 Historia arquivística
Descoñecida
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Doazón
Descrición da forma de ingreso:
Alonso Girgado, Luís
Data de ingreso:
16/08/2006
Número de rexistro:
2558
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Plano enteiro de (de esquerda a dereita) Fermín Penzol, Pura Vázquez e Ramón Cabanillas, paseando polo Paseo do Pardo de Madrid. Detrás deles, o paseo entre árbores, á esquerda, enxérganse os edificios por entre as pólas. Inscrición ms. no reverso.