Organización Provincial de Traballos Portuarios da Coruña

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.ARG/1.3.2.12.1.
Localización da documentación:

1.2 Título

  • Organización Provincial de Traballos Portuarios da Coruña

1.3 Datas

Data de creación:
  • 1947-01-01 / 1992-12-31. 1947 a 1992
Data de acumulación:
  • 1947-01-01 / 1992-12-31. 1947 a 1992

1.4 Nivel de descrición

  • Fondo

1.5 Volume e soporte da unidade de descrición

  • 3 Unidade(s) de instalación

2. Área de contexto

2.1 Produtor-Institución

2.2 Historia institucional/biografía

2.3 Historia arquivística

  • Esta documentación chegou ao Arquivo por medio dunha transferencia enviada pola Subdelegación do Goberno (Área de Traballo e Asuntos Sociais) o 29 de abril de 2003.

2.4 Forma de ingreso

Forma xurídica do ingreso:
  • Transferencia
Data de ingreso:
  • 29/04/2003

3. Área de contido e estrutura

3.1 Alcance e contido

  • Abarca o período cronolóxico comprendido entre os anos 1947 e 1992. O seu ámbito xeográfico abrangue os portos da provincia da Coruña. As series identificadas son as seguintes: Actas, Antecedentes para o coñecemento da situación xurídica de bens inmobles da OTP, Certificados, Correspondencia, Expedientes de Nomeamentos e confirmacións de persoal sanitario, Expedientes de reunións, Expedientes de remisións de actas, Expedientes de sancións, Libros de actas e Relacións de membros.

3.2 Valoración, selección e eliminación

Valoración, selección e eliminación:
  • Tendo en conta que a maior parte da documentación está composta por actas e libros de actas das distintas entidades que formaron parte do organismo produtor, parece indicado que a súa conservación sexa permanente.

3.3 Novos ingresos

Novos ingresos ou transferencias:
  • Aínda que o organismo produtor desapareceu en 1986, cabe a posibilidade de que se poidan recibir máis transferencias desta documentación a través da Área de Traballo e Asuntos Sociais da Subdelegación do Goberno, tendo en conta que os fondos recibidos son escasos.

3.4 Organización

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.2 Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.

4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua:
  • Spanish; Castilian

4.4 Características físicas

Estado de conservación:
  • Moi bo

4.5 Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición:
  • Inventario manual

5. Área de documentación asociada

5.2. Existencia e localización de copias

Existencia de copias:
  • Non existen copias

5.3 Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:
  • Hai que facer mención dos expedientes de prema da OTP que se atopan no fondo da Maxistratura de Traballo nº 2 da Coruña custodiado no ARG; tamén hai un expediente de visado da delegación da Coruña do COAG sobre a reforma dunha vivenda pertencente á Organización (U.I.11604). Ademais, hai que indicar a posibilidade da existencia de documentación da OTP nos distintos arquivos histórico-provinciais de zonas marítimas (por exemplo, no de Huelva), e no propio Ministerio de Traballo.

7. Área de control da descrición

7.1 Nota da/do arquivista

  • Descrición realizada por Dulce Villares Cuba baixo a dirección de Gabriel Quiroga Barro.

7.2 Regras ou normas

Regras ou normas:
  • ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

7.3 Data(s) da (s) descrición(s)

Data de creación:
  • 2004/07/06
Data de última modificación:
  • 2017/07/24 09:44:53
Última validación completa:
  • 24/07/2017 09:44:53