O mosteiro de Santa María de Sobrado afora a Rodrigo Suárez, Martín Suárez e outros a herdade comprendida entre a fonte de Viminis e a de Orgiale, para que planten viña
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.