Xulgado Civil Especial de Responsabilidades Políticas da Coruña (España). (1939 - 1942)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1939 - 1942
2.2 Historia/Descripción:
O fondo Xulgado Instrutor Provincial de Responsabilidades Políticas reúne os expedientes e documentos tramitados en aplicación da lexislación ditada polo réxime franquista para determinar a responsabilidade política das persoas que se opuxeron ao Movemento Nacional ou contribuíron desde o 1 de outubro de 1934 á situación que desencadeou a guerra civil.
Os xulgados de responsabilidades políticas créanse por Lei do 9 de febreiro de 1939 de Responsabilidades Políticas. Asumen as competencias das comisións provinciais de incautación de bens creadas por Decreto de 1 de xaneiro de 1937.
Establécense nas capitais de provincia e teñen as seguintes competencias:
- Cursar ao Tribunal Nacional do que dependan as denuncias.
- Instruír os expedientes.
- Dirixirse a autoridades, funcionarios ou organismos de calquera tipo para solicitar informes, datos etc.
- Redactar, unha vez rematado o expediente, un resumo das probas practicadas no que exporá o seu parecer sobre a responsabilidade ou irresponsabilidades do inculpado.
- Elevar o informe e o expediente ao tribunal competente.
Por Lei do 19 de febreiro de 1942 de Reforma da Lei de responsabilidades políticas as funcións sobre a materia pasan aos diferentes xulgados de Instrución da provincia.
En 1945 suprímese a xurisdición de responsabilidades políticas e atribúese aos tribunais ordinarios o coñecemento das responsabilidades civís que traen causa de delito.