Creado o Xulgado de 1ª Instancia polo Regulamento da Administración de Xustiza de 1835 e consolidado, con funcións de primeira instancia no civil e instrución no penal, pola Lei Adicional de 1882, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Cambados abarca nas súas competencias os municipios de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Grove, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Meaño. Pola Lei 12/1982, do 31 de marzo, créase o partido xudicial de Vilagarcía de Arousa, do que pasan a formar parte, segregándose do de Cambados, os concellos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Así mesmo, a Lei 28/1988, de Demarcación e Planta Xudicial, crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados, que absorberá os asuntos dos suprimidos Xulgados de Distrito de Cambados e Sanxenxo, pasando o máis antigo a numerarse co nº 1.
4. Área de control
4.1 Identificador del registro:
ADGA20210056109
4.4 Estado de elaboración:
Borrador
4.5 Nivel de detalle:
Básico
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia