Preguntas frecuentes


Que contén Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia?
Que clase de documentos podo atopar?
Que podo facer cos resultados dunha consulta en Galiciana. Arquivo Dixital?

 

 

Que contén Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia?

Información sobre os documentos que se custodian en arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia e imaxes daqueles que foran dixitalizados, en atención ao seu valor para a historia, o patrimonio e a cultura de Galicia.

O número de imaxes increméntase constantemente a través dos proxectos de dixitalización.

 

Que clase de documentos podo atopar?

Calquera clase de documentos, tanto textuais como cartográficos, iconográficos ou audiovisuais que formen parte do patrimonio documental galego, desde o século IX ata os nosos días, e non conteñan datos protexidos pola lexislación vixente.

 

Que podo facer cos resultados dunha consulta en Galiciana. Arquivo Dixital?

Condicións de reprodución

 

 

Vostede é libre de:

  • Compartir: copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato

Baixo as seguintes condicións: 

  • Recoñecemento: Debe recoñecer adecuadamente a autoría, proporcionar un enlace á licenza e indicar se se fixeron cambios.
  • Non Comercial: Non pode utilizar o material para unha finalidade comercial.
  • SenObraDerivada — Se remestura, transforma ou crea a partir do material, non pode difundir o material modificado.
  • Non hai restricións adicionais — Non pode aplicar termos legais ou medidas tecnolóxicas que legalmente restrinxan a realización do que a licenza permite.

 

A opción de axuda deste mesmo menú de Usuarios ofrece información sobre como realizar unha consulta.

Ao facer unha procura amósase a listaxe de resultados. Por defecto, o programa ofrece unha listaxe ordenada alfabeticamente por título, en orde ascendente, é dicir do A ao Z. Pero as posibilidades de ordenación dos resultados son varias. Pódese ordenar por diferentes campos, consonte as necesidades ou preferencias dos usuarios, e por orde ascendente ou descendente:

  • Título
  • Produtor
  • Referencia
  • Arquivo
  • Data
  • Fondo
  • Nivel de descrición
  • Relevancia

Por defecto, os rexistros descritivos amósanse en formato ISAD-G, pero poden visualizalos noutros formatos, consonte as súas necesidades ou preferencias:

  • FICHA
  • EAD
  • Dublin Core RDF

Para facelo é necesario marcar as descricións seleccionadas e elixir a opción Exportar que se mostra na pantalla. Estes rexistros poderán ser descargados ou enviados a unha dirección de correo electrónico.