Quen somos?

Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia é a plataforma de xestión dos centros integrados no Sistema de Arquivos de Galicia que proporciona datos recolectables a Galiciana. Patrimonio Dixital de Galicia e, a través dela, aos principais servizos de agregación e recolección nacionais e internacionais como Hispana, Europeana ou OAIster.

Permite a consulta a través dun punto único tanto de documentos que teñan obxectos dixitais asociados como aqueloutros non dixitalizados de arquivos como o Arquivo de Galicia, os arquivos históricos xestionados pola Xunta de Galicia (Arquivo do Reino de Galicia, e Arquivos Históricos Provinciais de Lugo e Ourense), os de administracións locais, de centros docentes (universidades e centros de ensino medio fundamentalmente), de institucións e organismos cultural e sindical de interese para Galicia (Arquivo da Real Academia Galega, Arquivo da Fundación Penzol e da Fundación Luís Tilve) e de institución eclesiásticas.

Está xestionada pola Subdirección Xeral de Arquivos e Museos da Dirección Xeral de Cultura.