Aviso sobre a apertura ao público dos centros do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia

Imagen

De conformidade co establecido na Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura dos arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado, a partir do día 4 de maio de 2020 e ata nova orde, o Arquivo de Galicia prestará os seus servizos, con carácter xeral, de forma telemática.

Para estes efectos, e sen prexuízo das solicitudes que poidan remitirse a través do rexistro electrónico, poderán contactar cos diferentes centros a través dos correos electrónicos respectivos ou ben nos teléfonos de atención ao público que pode obter neste enlace.

Excepcionalmente, e só para os casos nos que sexa absolutamente imprescindible, as solicitudes que deban atenderse de forma presencial requirirán da concertación dunha cita previa.