A Federación Universitaria Escolar (FUE) foi unha organización estudiantil fundada na Universidade Central de Madrid a finais de 1926 no contexto das protestas estudiantís contra a política da Ditadura de Primo de Rivera. Xurdiu como alternativa laica á Asociación de Estudiantes Católicos (AEC) e contribuíu ao declive da Ditadura de Primo de Rivera e á chegada da II República. Entre os seus logros destacou o de acadar unha maior intervención dos estudantes na Universidade coa súa participación nos claustros, xuntas de goberno e consellos universitarios. Ademais participou na reforma da ensinanza procurando que as clases populares tivesen un maior acceso á cultura e á educación. En Galicia a FUE ocupouse de defender a universidade compostelá, de promover a creación de cátedras de cultura galega e da galeguización do ensino.
Historia archivística
Este fondo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Ourense xunto con outra documentación entregada por Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas".
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia