No 1864 establécese na Coruña, na rúa Acebedo, Francisco Ferrer y Puigdengolas, natural do concello de Capelladas en Cataluña, como consignatario de buques e almacenista de papel. Contrae matrimonio coa coruñesa Niceta Sanz con quen ten un fillo, Pedro Inocente Vicente Ferrer Sanz (1870-1939). Anos mais tarde trasladará o seu negocio á rúa Real,61 onde a fins da década de 1880 foi o primeiro en Galicia en montar un taller de fotograbado: "Talleres de fotograbado e Imprenta""Papelería Ferrer". Cando falece, a razón social pasóu a denominarse "Vda. De Ferrer e Hijo", e toma a direción do negocio o seu fillo Pedro Ferrer Sanz ata o seu pasamento en 1939.
Co desenvolvimento da fotografía na época de entre séculos, Pedro Ferrer vai iniciarse nesta arte que o levará a ser máis coñecido por esta actividade que como editor-impresor. Da extensa produción de Ferrer destacan os numerosos albumes de foto-postais: "Vistas de La Coruña" [1895]; o "Portafolio Galicia" [1901] que se favorece dos avances da fotografía e dos sistemas de impresión co fotograbado; ou a serie "Da Terriña" en 1902 na que xa realiza incursións na fotografía en cor.
Nos primeiros anos do sec. XX os avances da fotografía permiten positivar os negativos en papel fotográfico, preparados e impresos no reverso como tarxetas postais, ou foto-postais, que tiñan unha maior nitidez, calidade de imaxe e soporte que as que se obtiñan por impresión en fotograbado. A partir de 1906 Pedro Ferrer, con fotografías de produción propia e outras que poseía no seu arquivo de fotógrafos colaboradores, inicia a venda de foto-postais que saen ao mercado agrupadas por temas: "Festejos de La Coruña", "Pueblos, Paisajes, Arte y Costumbres", "Galicia" ou o "Album de Fotografías" que puxo á venda entre 1907-1912.
Historia archivística
Son copias dos negativos de Ferrer realizadas polo fotógrafo Manuel Ferrol, e mercadas polo Concello. Algunhas das diapositivas utilizáronse para calendarios.
Alcance e conteúdo
Fotografías de Coruña e Galicia
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeito ás taxas e prezos públicos que para a reprodución de documentos fixara o Concello. (Ordenanza reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal).
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Necesítase un visor de diapositivas
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Existen múltiples orixinais en diversos arquivos privados e publicos, entre eles o da propia familia.
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Estas fotografías complementan o Fondo Ferrer e a Colección de postais da Coruña. Nestas últimas hai reproducidas moitas delas.
Notas
Nota general
A diapositiva leva inserta a lenda: "Cabreiroá-Verín"