Autos e sentenza arbitral consecuencia de diversos preitos entre frei Rodrigo de Soneira e frei Juan de San Romao, vicarios dos oratorios de San Xoán da Miserela e Santo Antonio de Xobre, ambos os dous dependentes de San Paio de Antealtares
Fecha de creación
1479-07-21 / 1479-07-21. 1479, xullo, 21. Santiago de Compostela
Fecha de acumulación
1479-07-21 / 1479-07-21. 1479, xullo, 21. Santiago de Compostela
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Trátase dun traslado de diversos autos e sentenzas consecuencia de preitos previos vistos ante Fernando Basanta, arcediago de Abeancos.