Inocencio XI concede parte do beneficio de Santa María da Cabeza de Vilavella, do que goza Antonio Álvarez del Valle, párroco en Tobarra a Pedro Losada Sarmiento, cóengo da Catedral de Lugo e arcediano de Triacastela.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.
Condiciones de acceso
Lengua:
Latin
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Dimensiones:
334 x 470 mm
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Leve perda de soporte por ataque de roedores na parte superior que apenas afecta á lectura