Carta da Federación Odontológica Española, para o gobernador civil da Coruña, na que o invitan a presidir o XIII Congreso Dental Español e o I Hispano Portugués, que se celebrará na Coruña o día 13 de agosto
A Secretaría Xeral está presidida por un secretario xeral a quen lle corresponde a xefatura de persoal e réxime interior, ademais da dirección, despacho e proposta de resolución dos asuntos ordinarios e a coordinación das unidades orgánicas do Goberno Civil.
Tomamos como punto de partida o decreto do 10 de outubro de 1958 que fortalecía notablemente a dimensión administrativa do Goberno Civil. Este decreto vai ser desenvolvido pola Orde do 24 de xullo de 1961, que aproba o Regulamento provisional dos gobernos civís e establece o seu primeiro organigrama xerarquizado en seccións e negociados. No regulamento tamén se indica que, baixo a xefatura superior do gobernador haberá un secretario xeral en cada Goberno Civil; e que poderá existir o cargo de vicesecretario xeral nas provincias en que se considere preciso.
Con autorización do Ministerio da Gobernación e mediante resolución publicada no BOP, o gobernador poderá delegar no secretario xeral aquelas funcións que non impliquen o exercicio da autoridade esencial atribuída ao cargo. En ningún caso poderán ser delegadas as funcións seguintes:
- Suspensión de acordos adoptados polas delegacións doutros ministerios.
- Suspensión de acordos das corporacións locais.
- Incoación e resolución de expedientes disciplinarios a funcionarios.
- Imposición de multas de gradación discrecional (salvo que o gobernador sinale con precisión límites máximos); exacción de multas por vía de constrinximento e imposición de arrestos substitutorios.
- Concesión ou denegación de autorizacións para demoler edificios destinados a vivendas; orde de alugar obrigatoriamente os locais susceptibles de ser ocupados como vivenda e peticións de desafiuzamento ao Ministerio Fiscal.
- Proposta de cuestións de competencia.
Con autorización do gobernador, o secretario poderá delegar no vicesecretario as funcións que estime procedentes. Correspóndelle ao vicesecretario:
- Substituír o secretario xeral nos casos de vacante, ausencia e enfermidade.
- Exercer as funcións que nel delegue o secretario xeral.
- Colaborar co secretario xeral na dirección e coordinación dos servizos do Goberno Civil e inspeccionar a súa marcha.
- Desempeñar a xefatura nunha das seccións cando non haxa funcionario titular .
- Calquera outro cometido que lle poida ser encomendado.
Posteriormente, por medio do Real decreto 2669/1977, do 15 de outubro, regúlase a estrutura orgánica dos gobernos civís. O artigo 3 establece que en cada Goberno Civil haberá un secretario xeral de quen dependerán administrativa e funcionalmente todos os servizos do Ministerio do Interior na provincia respectiva, con exclusión dos corpos e forzas da orde pública, sen prexuízo da superior autoridade do gobernador civil. Será nomeado por orde do Ministerio do Interior entre funcionarios de carreira da Administración civil do Estado e de acordo coas previsións que se establezan nos cadros de persoal do departamento.
Baixo a dependencia do secretario xeral, os gobernos civís estruturaranse en unidades básicas.
Haberá un vicesecretario cuxo posto se proverá entre funcionarios da Administración civil do Estado. A estrutura orgánica será desenvolvida pola Orde do 13 de decembro do mesmo ano, que fixa un novo organigrama que xa non vai ser uniforme para todo o territorio nacional, senón que se axeitará á importancia da provincia. Chegamos así á Orde do 25 de xuño de 1982 pola que se establece a estrutura das secretarías xerais dos gobernos civís.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Soamente organizamos e describimos dúas series: -Expedientes de sesións da Comisión de Coordinación da Delegación do Goberno - Rexistro de entrada de correspondencia. Destas dúas series, unicamente a segunda é atribuíble a esta sección, xa que os expedientes de sesións eran conservados polo gobernador unicamente porque el formaba parte desa comisión, pero a súa orixe e tramitación non teñen relación co Goberno Civil: por iso dependen directamente da Secretaría Xeral e non dalgunha das dúas subseccións.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Humanística
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.