Sección funcional que reflicte a actividade da xefatura en materia de persoal e en todo o referente á Milicia Nacional.
Segundo a Instrución provisional para a organización da milicia, do 13 de xuño de 1940, a Xefatura Comarcal de Betanzos organizarase en 5 xefaturas locais. Procederase a encadrar "no papel" a todos os afiliados ao Movemento, futuros compoñentes da Milicia. O cargo de xefe local da Milicia recae no afiliado ex-combatente que obtivese maior gradación na guerra. Será nomeado polo xefe comarcal coa aprobación do xefe provincial.
Nas xefaturas locais estableceranse tantas unidades como permita o número de afiliados: escuadras, pelotóns, falanxes, centurias e bandeiras.
Establécense tres idades para conseguir unha certa homoxeneidade e tendo en conta os posibles servizos para cumprir: de 18 a 21 anos, de 24 a 42 e de máis de 42. Na segunda inclúense todos os que estean licenciados pero en idade de prestar servizo militar.
As escuadras constarán de 6 homes, os pelotóns de 8, as falanxes de 36 e as centurias de 108.
A organización será semellante á do exército e desaparecerá a categoría de subxefe.
Os mandos nas unidades formadas cos falanxistas tradicionalistas comprendidos na terceira idade, no caso de que ningún deles estivese na fronte, daranse aos máis capacitados e entusiastas.
A misión da Milicia é vixiar e facer cumprir as consignas do Movemento: a súa actuación non será directa e unicamente darán conta das anormalidades que coñezan á xefatura comarcal correspondente, que as trasladarán á provincial.
As xefaturas locais informarán quincenalmente a xefatura comarcal respectiva; as comarcais farano mensualmente respecto da provincial.
Historia archivística
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia mediante unha transferencia irregular: tratouse máis ben dunha recuperación ante unha posible destrución. Nos anos 80 do século XX, (aproximadamente no 1989), ante o inminente traslado da sede da delegación, o persoal do ARG achegouse ata o edificio da praza de Pontevedra para recoller toda a documentación "almacenada" no depósito das caldeiras. Por suposto, sen ningún tipo de clasificación nin identificación ou relación. Así, o que nun principio parecía unicamente documentación da Fronte de Xuventudes, abrangue tamén documentos da Sección Feminina, do SEU, da delegación provincial do Ministerio de Cultura, e mesmo da Consellería.
Así, pódese afirmar que estamos ante nove fondos, herdeiros os últimos do primeiro. Serían:
- a documentación da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos;
- a da Delegación Provincial de Xuventudes;
- a da Sección Feminina;
- a da Delegación Provincial de Asociacións / Familia;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia;
- a Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
E un décimo fondo, a documentación da "Sociedad La Terraza" chegou mesturada con estes fondos, probablemente porque compartiran as mesmas instalacións.
Alcance e conteúdo
Copia simple
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao ser depositados no ARG os documentos que integran o fondo, adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; por tanto, pasan a gozar do réxime de protección que esas normas establecen para as ditas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode considerarse como relacionada a documentación das institucións do Movemento Nacional: Delegación Provincial de Xuventudes, da Sección Feminina e de Asociacións / Familia. Tamén é documentación complementaria a da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Educación e Ciencia, do Ministerio de Cultura e da Consellaría de Cultura e da Consellaría de Turismo, Xuventude e Deportes. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares.
Notas
Nota general
Unidade de instalación compartida con outras series