O couto redondo de Regoela conta cun xuíz e xustiza ordinaria que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Pontedeume).
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
Seguramente a documentación de Regoela pasara a Ferrol en cumprimento do Real decreto do 21 de abril de 1834, que ordenaba que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que os procesos e expedientes que tivesen abertos llelos remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido. Neste caso trataríase de Pontedeume, pero por algún motivo chegou a Ferrol.
Alcance e conteúdo
O fragmento de fondo aquí conservado conta cunha soa serie documental: Expedientes de partillas.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña, Documentación notarial, Colección de documentos en pergamiño, Colección documental de César Vaamonde Lores, Xunta Superior de Armamento, Subsidios e Defensa de Galicia
Notas
Nota general
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia