Naceu na Coruña o 24 de xaneiro de 1885 e morreu o 14 de marzo de 1961. Perito, profesor mercantil e mestre nacional. No 1926 foi premio extraordinario de licenciatura en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago. Entre os moitos postos que desempeñou destacan o de Director do "Museo de Bellas Artes", Arquiveiro Bibliotecario do concello coruñés, Presidente da Comisión provincial de Monumentos e o exercicio, durante a República, do cargo de Gobernador civil na provincia de Pontevedra (1932-1934). Historiador, conferenciante, membro de numerosas academias (Real Academia Galega, Real Academia de Bellas Artes da Coruña, do Seminario de Estudos Galegos, correspondente das "Reales Academias de San Fernando" e da de Historia, da Asociación de Arqueólogos portugueses, do Deusches Achäelogisches Institut...) e doutras moitas entidades científicas. Dende 1946 foi Cronista Oficial da cidade da Coruña, ademais de poseer numerosas distincións. Participou activamente na organización de importantes exposicións dentro e fóra de Galicia, ademais de formar parte de congresos e coloquios. As súas publicacions céntranse fundamentalmente no campo da prehistoria, arqueoloxía, arte e historia de Galicia e, especialmente, da de Coruña.
Historia archivística
Pendente
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia