Este organismo non responde xa a unha situación de emerxencia de estado de guerra, senón á necesidade dunha reorganización política e administrativa.
Estaba composta polo xefe superior do Reino, que a presidía, mais o intendente e sete vogais, representantes de cada unha das provincias. As súas funcións estaban determinadas pola Instrución do 23 de xuño de 1813, estruturada en tres capítulos:
- I.- Das obrigas dos concellos.
- II.- Das obrigas e cargos das deputacións provinciais.
- III.- Dos xefes políticos.
Pódese dicir que lles competía o fomento das obras públicas, a promoción do ensino, a atención aos establecementos piadosos e de beneficencia, a formación de concellos e o seu control e asesoramento. En materia de facenda, competíalles a colaboración co goberno na obtención de datos para substituír o sistema de rendas provinciais por unha contribución directa, ademais da intervención dos repartimentos realizados polo intendente, fundamentalmente.
Pero o Real decreto do 4 de maio anula a Constitución e o labor das Cortes constituíntes e abre o período de goberno absolutista de Fernando VII. O 15 de xuño de 1814, outro Real decreto suprime expresamente as deputacións e ordena que os papeis das súas secretarías pasen ás respectivas contadorías de provincia. Restablécense en 1820 co inicio do Trienio Liberal, ata que o Decreto do 12 de marzo de 1822 institúe unha deputación en cada provincia.
Historia archivística
Este fondo, xunto coa documentación das Xuntas, foi doado ao Arquivo no ano 1897 polo seu director, Andrés Martínez Salazar, quen a atopara en 1875 nun "almacén de víveres" da rúa de Panadeiras da cidade da Coruña.
En 1826, o fondo da Deputación Única (que compartía localización cos dous órganos que a precederan) conservábase no local do arquivo da Contadoría de Propios da Coruña, "en una pieza del último alto de la casa de Aduana de La Coruña", de acordo coas dilixencias obradas na dita Contadoría en virtude dun oficio remitido polo rexente da Audiencia ao intendente de Exército e Provincia (ARG, DUG, C50/66).
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia