Convento franciscano situado ás aforas de Ribadavia, en Santiago de Alén, onde houbera no século XIII un hospital. Os franciscanos vanse da vila e regresan no século XVI instalándose primeiro na ermida de Santa Marta e posteriormente en Santiago de Alén. Alí constrúen o edificio do convento e a súa igrexa baixo a advocación de santo Antonio, cuxas obras comezan en 1605. Esta comunidade franciscana chegou a ser, no ano 1818, a terceira en importancia de Galicia. Nela houbo colexio de Artes, escola de nenos e centro de ensino para relixiosos. Trala Desamortización do século XIX o convento pasou a mans do concello, que en 1843 llo vendeu a particulares. Posteriormente, o trazado da vía férrea fixo desaparecer a metade do edificio. Xa no século XX os franciscanos volveron a Ribadavia e en 1915 o bispado entregoulles a administración da igrexa do antigo convento de santo Antonio. Un ano despois os frades adquiren parte do edificio do cenobio que quedaba en pe e instálanse na vila, vivindo nela ata finais do século XX.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia