O convento de Santa María de Bonaval fundouse nos anos 20 do século XIII. O primeiro documento referido ao cenobio é unha doazón do ano 1228. Foi o convento dominico máis importante de Galicia e a finais do século XV pasou a ter xa a advocación de San Domingos. En 1344 implantouse nel o Estudo Xeral, que foi o centro da vida intelectual da orde dominica na comunidade galega. Na capela maior da súa igrexa instalaron o panteón os membros da casa de Altamira, protectores dos dominicos na cidade de Santiago. Da súa estreita relación coa mitra compostelá é proba o feito de que catro membros da orde chegaron a arcebispos de Santiago. Trala Desamortización do século XIX o edificio pasou a mans do concello para ser cedido despois ao Museo do Pobo Galego, que ten alí a súa sede.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia