O primitivo convento de San Francisco de Ourense, situado na praza do Correxedor, databa de mediados do século XIII. Destruído en 1294 polo bispo Pedro Yáñez de Novoa, o edificio que o substituíu construiuse no século XIV na parte alta da cidade, en Montealegre. Un século máis tarde coñeceu a súa época de maior esplendor, como o amosa o feito de que se reunise alí o Concello e propio cabido da catedral. Impartíronse nel estudos de Teoloxía e Gramática, chegando a ser o centro de ensino máis destacado da cidade auriense despois do da catedral. Trala Desamortización do século XIX o convento foi entregado ao exército para usalo como cuartel militar mentres que a igrexa e a capela da Venerable Orde Terceira quedaban ao coidado do bispado. Uns anos máis tarde, en 1883, os frades franciscanos retornaron á cidade e instaláronse no convento de Vistafermosa, en Ervedelo. Un tempo despois, en 1925, os franciscanos crearon outra casa en San Lázaro. Alí levantaron un novo templo no que integraron parte da igrexa gótica que trasladaron desde o antigo convento de Montealegre. Así pois, durante uns anos, conviviron dúas comunidades franciscanas en Ourense, a de San Lázaro e a de Vistafermosa, ata que en 1928 se pechou esta última quedando só en activo a de San Lázaro.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia