Ata a década de 1870, a actividade bancaria tivo unha escasa implantación e n Ourense; pois, coma sucede no resto de Galicia, unicamente había individuos de orixe fidalga, eclesiástica ou comerciante que prestaban con interese para facilitar aos menos favorecidos a compra de gran, gando ou dunha pasaxe ás Indias. Coa Restauración (1875-1923) prodúcese a verdadeira eclosión da activida de bancaria en Galicia, coa instalación das sucursais do Banco de España e a aparic ión de diversas entidades privadas.
Un exemplo significativo e temperán da actividade bancaria, en Ourense, é a entidade creada polo santiagués Manuel Pereiro Rey (1832-1901), que en 1859 xa estaba establecido na cidade. Este banqueiro actuou, tamén, como administrador numerario da sucursal do Banco de España; e ocupouse da administración do ferrocarril de Medina a Zamora e da Compañía de Ferrocarriles MZOV (entre 1864 e 1869), que se ocupaba da constru ción da liña entre Ourense e Vigo. Foi un home activo, militante no conservadurismo local, e destacado promotor da arte, a cultura (foi membro da Comisión Provincia l de Monumentos) e de importantes obras para a cidade. Faleceu sen ter continuador es na actividade bancaria.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Xerais
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Non hay
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanista
Mecanografiada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia