Adscríbese a este fondo o conxunto da documentación conservada no Arquivo Histórico Diocesano de índole particular ou privada de Fernando Quiroga Pazos, así como a relativa á súa actividade pública previa ao seu pontificado, ao que chegaría no ano 1949.
Aínda que o conxunto do fondo aínda está en proceso de inventariado, podemos decir que as datas límite do mesmo corresponden: a última (decembro do ano 1984) a documentos que gardan relación co falecemento da súa irmán María Amalia Quiroga Pazos; e a primeira á documentación persoal dos seus avós maternos.
Fernando Quiroga Palacios naceu o 21 de xaneiro de 1900 en Maceda (Ourense). Cursou estudios no Seminario Conciliar da diócese e o 1922 foi ordeado presbítero (exerceu de ecónomo de Santiago de Campobecerros e de encargado de Santa María de Portocamba ata primeiro de abril de 1923), chegando a acadar o doutorado en Teoloxía en 1925. Nese mesmo ano estivo pensionado no Pontificio Instituto Bíblico de Roma, onde obtivo o título de licenciado en Sagrada Escritura en 1928, ano en que foi nomeado profesor e no 1930 director espiritual do Seminario de Ourense. Foi director espiritual da Adoración Nocturna, Esaminador Prosinodal e Delegado Diocesano de Acción Católica, cargos que desempeñou ata 1942. No 1935 foi tamén nomeado ecónomo e logo, previo concurso, párroco de Santa Eufemia a Real do Norte na mesma capital provincial. Desenrrolou os cargos de Administrador Diocesano, Delegado Episcopal na Xunta Provincial de Primeiro Ensino, Confesor de relixiosas, Presidente das Conferencias Morais e Litúrxicas, etc. En 1942 foi elexido Cóengo Lectoral de Valladolid, cidade na que exerceu os cargos de Consiliario Diocesano de Acción Católica Homes e do Centro Ferroviario -que organizou- e profesor e director espiritual do Seminario.
O día de Nadal de 1945 sería preconizado bispo de Mondoñedo e consagrado o 24 de marzo do ano seguinte, entrando na diócese o 28 de abril.
O 6 de xuño de 1949 foi designado arcebispo de Santiago de Compostela.
Obtivo a dignidade de cardeal da Igrexa Romana co título de San Agostiño no ano 1953.
Tivo catro irmáns: Consuelo, Matilde, María Francisca e María Amalia (as dúas últimas relixiosas).
Emporén, neste fondo, consérvanse tamén documentos pertencentes á súa irmán Matilde Quiroga Pazos -coa que conviviu- e a outros membros da súa familia e achegados a ela, con datación posterior ao pasamento do arcebispo.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia