Parroquia anexa no século XIX a San Fiz de Monfero, do arciprestado de Pruzos.
Por decreto de 9 de xuño de 1868 estableceuse que as igrexas de mosteiros suprimidos se adicasen a parroquiais cando as causas o consellasen. Nesas datas os veciños de Lagares, Ribeira e Convento solicitaron ao Arcebispo que, debido á distancia que os separaba da igrexa de San Fiz, lles habilitase a de Santa María como axuda parroquial.
Desde 1869 bautizábase pois na igrexa do antigo mosteiro habilitada como anexo de San Fiz de Monfero e San Xiao de Lagares.
Tamén se permitía utilizar o camposanto dos monxes.
Non obstante desde 1835 Santa María funcionaba como igrexa parroquial.
E a comenzos do século XX as visitas pastorais refírense a ela como "igrexa de Monfero chamada tamén da Virxe da Cela".
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia