Santo Amaro de Arra é parroquia, hoxe suprimida, do arciprestado do Salnés, concello de Sanxenxo. Desde o arranxo parroquial levado a efecto polo Arcebispo García Cuesta estivo incluída na de Santa María de Portonovo-Adigna.
Na documen tación parroquial máis antiga conservada (libros sacramentais) denomínase Couto de Arra e está servida por suxeito que se intitula cura e prior do couto.
Derivaríase este feito da súa dependencia do convento de Armenteira. No XVIII aínda non tiña mordomo fabriqueiro a parroquia, facendo as súas veces o frade nomeado polo prior do convento que tiña tamén ao seu cargo a cura de ánimas.
A igrexa fora con anterioridade ermida de Santo Amaro.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia